RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Quirónsalud explorou o estado de saúde do Dépor ABANCA

O Deportivo ABANCA da nova Primera Federación ponse en marcha. Onte luns 25 de xullo, o cadro branquiazul foi sometido a unha primeira avaliación física na Cidade Deportiva.

Hoxe martes 26, as xogadoras deportivistas pasáronse en tres quendas desde as 08:00 polo centro Quirónsalud de ABANCA-RIAZOR para as pertinentes probas médicas, analítica incluída, a cargo dos Servizos Médicos do RC Deportivo.

Irene Ferreras e o seu corpo técnico tamén se pasaron polo centro médico coruñés para supervisar unha cita tradicional no inicio de cada pretemporada.

Esta tarde, ás 17:30, terá lugar o primeiro adestramento do Dépor ABANCA na Cidade Deportiva, a porta pechada.

Primeiro amigable, o sábado 6 de agosto

Será no mes de agosto cando o Dépor ABANCA dispute o seu primeiro encontro preparatorio, o sábado 6 fronte ao Valadares Gaia FC portugués.

Con posterioridade medirase a SD Eibar (mércores 17), Viajes Interrías FF (domingo 21), Real Oviedo (domingo 28) e Athletic Club B (sábado 3 de setembro). Ademais, tamén disputará o X Trofeo Teresa Herrera en ABANCA-RIAZOR.