RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Rabello, entusiasmado de chegar a un club con tanta historia

A terceira fichaxe do Deportivo no mercado de inverno, Bryan Rabello foi presentado esta tarde na Sala de Trofeos do Club polo presidente Tino Fernández e o Conselleiro Fernando Vidal. O primeiro que fixo o máximo mandatario do Deportivo foi

A Bryan Rabello  desexoulle a mellor das sortes nunha "gran cidade e un gran equipo". “Para min e para o resto do Consello este día é inesquecible porque é a nosa primeira presentación e espero que para Bryan tamén o sexa, axudándonos desde hoxe a conseguir o noso gran reto, o ascenso a Primeira División”

O chileno pola súa banda mostrouse “feliz, entusiasmado e con moitas ganas de xogar nun club con moita historia". Afirmou “chegar en boa forma” e espera achegar na posición de mediapunta “a que máis domino e a que máis me gusta”.­­ A pesar de dispor de varias ofertas de Primeira, aceptar a do Dépor “sempre foi o que máis quixen”.

O chileno incorporarase mañá ás 10:30 á disciplina do equipo ás ordes de Fernando Vázquez en Abegondo.