RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Real Madrid 3- Combinado Deportivo Celta 0<br>Xuntos por Galicia

A solidariedade cos afectados pola marea negra do Prestige foi a protagonista do encontro Xuntos por Galicia que esta noite acolleu o Santiago Bernabeu. O Real Madrid gañou por 3 a 0 ao combinado galego de xogadores de Deportivo e Celta.O positivo, sen dú

O xogador será sometido a diversas probas nas próximas horas aínda que tras a exploración inicial o Doutor Cobián non descarta que se trate dunha rotura de fibras no bíceps femoral.

A solidariedade resultou vencedora no partido Xuntos por Galicia. Os xogadores que participaron no encontro colaboraron de maneira activa no espectáculo con fútbol sen presión, sen marcaxes atafegantes, deixando xogar ao primeiro toque, o que permitía vistosas paredes que eran acirradas polos afeccionados. O partido da solidariedade respondeu o seu carácter festivo e nas bancadas sobre todo novas e nenos que axudaron a animar a festa.

No primeiro tempo Fran foi o capitán do combinado galego cedendo o brazalete no segundo ao céltico Coira.
Os galegos buscaron o gol fundamentalmente no segundo tempo, pero non foron capaces de bater ao equipo branco.

Asistiron numerosas autoridades políticas ao Palco do Bernabeu.
O Deportivo regresa a Alvedro este mércores ao mediodía e o cadro de persoal xa ao completo traballará en Riazor pola tarde..

FICHA TÉCNICA:
REAL MADRID: César (Carlos Sánchez, min. 60); Miñambres (Flavio, min. 58), Pavón (César Navas, min. 46), Hierro (Helguera, min. 46), Roberto Carlos (Olalla, min. 28); McManaman, Cambiasso (Tote, min. 46), Celades, Solari; Morientes (Guti, min. 46) e Raúl (Portillo, min. 28).
DEPORTIVO-CELTA:Molina (Pinto, min. 46), Manuel Pablo (Coira, min. 49), Cáceres (Berizzo, min. 46), César (Donato, min. 46), Juanfran (Víctor, min. 51); Mauro Silva (Giovanella, min. 46), Anxo (Gustavo López, min. 46), Fran (Scaloni, min. 46), McCarthy; Tristán (Luque, min 30) e Mostovoi (Catanha, min. 46).
GOLES:
1-0 (13'): Gol de McManaman que bate a Molina cun disparo suave en vaselina.
2-0 (14'): Morientes bate a Molina cun disparo por baixo.
3-0 (43'): Morientes, de cabeza.
ÁRBITRO:Carlos Megia Dávila.