RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Reale Seguros, Aseguradora Oficial do Real Club Deportivo

Reale Seguros converterseá a partir da próxima Tempada na Aseguradora Oficial do Real Club Deportivo. O acordo entre Reale e o Deportivo foi presentado esta mañana polo Conselleiro Delegado de Reale Seguros, Ignacio Mariscal e Tino Fe

"Na política de incrementar ingresos e relacións na contorna empresarial, hoxe engadimos a este ecosistema de empresas que rodean ao Deportivo, por dous anos e esperemos que dure moitos máis, o que será sinal de que as cousas han ido ben, a Reale Seguros como Aseguradora Oficial do Real Club Deportivo. Estamos moi contentos de pechar este acordo que levamos meses traballando, e aínda que o presentamos hoxe está asinado desde hai semanas, antes de saber se estariamos en Primeira", comentou Tino Fernández, antes de enumerar varios dos soportes e accións nos que Reale Seguros estará presente como patrocinador do Real Club Deportivo.

"Para nós é un día de dobre parabén, a primeira por asinar este acordo cun gran Club como é o Deportivo e a segunda porque esta terra, A Coruña e Galicia, é unha terra na que estamos moi presentes e queremos estalo aínda máis e, desde agora, en Riazor tamén xogaremos en casa" engadiu Ignacio Mariscal.