RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Reale Seguros reta aos deportivistas a marcar ''O Gol Imposible'' e gañar unha viaxe a Nova York

  Reale Seguros, patrocinador oficial do Real Club Deportivo, convídache a marcar desde o centro do campo e gañar unha viaxe a Nova York para dúas persoas. Para iso propón un reto a todos os deportivistas: marcar "O Gol Imposible".

A partir do 18 de marzo, todas as persoas que desexen acudir ao estadio e tentar facer posible este Gol "Imposible", poden apuntarse a través da web: www.elgolimposiblereale.com. Os afortunados/as elixidos non van estar sós, Reale Seguros vailles a proporcionar o mellor asesoramento facilitándolles unha sesión de adestramento cos xogadores e corpo técnico do Deportivo. O premio ao que consiga marcar está á altura da fazaña: unha viaxe a Nova York para dúas persoas.

Toda a información está dispoñible en www.elgolimposiblereale.com  e nas redes sociais do Dépor. O Gol Imposible de Reale Seguros espera aos valentes que queiran viaxar a Nova York e acepten este reto.