RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Recolocación Bancada Especial Nen@s

Con motivo da xornada deste sábado 14 de marzo ás 21:00 h. de LaLiga Smartbank que enfrontará ao Dépor e ao Real Sporting no Estadio ABANCA-RIAZOR, todos os nenos que teñen o seu abono na Bancada de Especial Nen@s serán recolocados na zona de Tribuna por motivos de seguridade debido á gran afluencia de afección visitante.

Tal como se especifica nas condicións do carné Especial Nen@s existe a posibilidade de recolocación noutra zona do Estadio por motivos de seguridade. Neste caso, a nova localización para este partido de todos eles será en Tribuna Inferior Impar e o acceso realizarase pola porta 28, onde o auxiliar lles proporcionará unha entrada a cada neno para acceder á devandita bancada mostrando unicamente o seu carné de socio. Doutra banda, os monitores que lles acompañan en cada partido, trasladaranse con eles a esta bancada.

Con calquera dúbida podes porche directamente en contacto coa Oficina de Atención ao Deportivista a través deste correo electrónico (atencion.deportivista@rcdeportivo.es), ou no teléfono 981 25 95 00 (extensión 1).

Deportivistas, moitas grazas pola vosa comprensión e colaboración