A Delegación do Goberno en Madrid fixo unha serie de recomendacións para os afeccionados de face á final da Copa do Rei no Bernabeu.
1. Imprescindible levar o D.N.I.
2. A ruta recomendada para os turismos é: Cea Bermúdez, Abascal e Paseo da Castelá. Recoméndase aparcar do Estadio Santiago Bernabeu cara á Praza de Castela.
3. Os autocares serán conducidos pola policía locala a Casa de Campo. Alí os afeccionados poderán circular libremente e terán que acceder pola súa conta ao Bernabeu. Recoméndase aos afeccionados deportivistas acudir ao Santiago Bernabeu en metro que ademais estará vixiado especialmente.
4. Unha vez comezado o partido os autocares aparcaranse no Paseo da Castelá para recoller aos afeccionados.
5. Todos os afeccionados deben lembrar o seu número de autocar.
6. Hai que evitar, na medida do posible, transitar pola zona Sur do Santiago Bernabeu, zona reservada para a afección madridista.
7. As portas abriranse ás 19:30 horas, nas que están previstas as actuacións de Café Quijano, Operación Triunfo e Cruz e Raia.