RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Regreso en autocar e traballo mañá luns en Abegondo para o Dépor ABANCA

Finalizado o partido fronte ao DUX Logroño, o Dépor ABANCA emprende viaxe de regreso por estrada á Coruña. 

Miguel Llorente citou de novo ás súas futbolistas en Abegondo mañá luns 1 de novembro ás 17:00 horas para unha nova sesión, que será máis suave para as titulares no campo rioxano do Mundial 82.

O próximo partido ligueiro para o Deportivo ABANCA no grupo norte de Reto Iberdrola será o sábado 6 de novembro ás 18:30 en Abegondo ante o Athletic Club B, en choque retransmitido en directo pola TVG.