RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
CADETE A

Repóker goleador de Miguel de Labra co Cadete en Lugo

Brillante actuación de Miguel de Labra (na foto na fila de arriba o terceiro empezando pola dereita) co Cadete en Lugo. 

O atacante deportivista, máximo goleador da categoría con 13 goles, anotou os 5 do Cadete na súa visita (2-5) ao CD Lugo, en partido correspondente á 7ª xornada na División de Honra.

Con este resultado, o conxunto de Daniel González mantense na cabeza da táboa con 21 puntos.

Cadete: Rodrigo, Guille, Xabi Campos, Pablo Campo, Frank, Xoel, Balbas, Yago, Miguel de Labra, Trillo e Lucas. Tamén xogaron: Leandro, Janusz, Mosquera e Íker Fernández.

Esta semana, os branquiazuis Rodrigo, Íker Fernández, Janusz, Nico Ruiz, Pablo García, Leandro e Miguel de Labra disputaron un amigable na Madroa coa Selección Galega sub-16 ante o RC Celta de Liga Nacional.

A próxima fin de semana, o Cadete recibe en Abegondo ao Atlético Coruña Montañeros CF.

Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:

ED Val Miñor Nigrán 1 - Cadete 3 (Trillo, Miguel de Labra e Diego)
Cadete 3 (Janusz, Yago e Trillo) - Coruxo FC 1
Ural Español CF 0 - Cadete 5 (Mosquera -2-, Miguel de Labra, Pablo Campo e Yago)
Cadete 8 (Miguel de Labra -3-, Mosquera, Leandro, Carballeira e Diego) - Salgueiriños FC 1
UD Ourense 3 - Cadete 5 (Miguel de Labra -2-, Trillo, Janusz e Leandro)
Cadete 2 (Miguel de Labra e Guille) - CD Conxo Santiago 1
CD Lugo 2 - Cadete 5 (Miguel de Labra -5-)