O partido destacado hoxe domingo en #ANOSACANTEIRA foi o do Fabril, líder de Tercera RFEF, en Abegondo ante o Rápido de Bouzas, 3º na clasificación.
O choque, igualado, acabou en táboas e agora a vantaxe fabrilista sobre o Arosa SC, o seu inmediato perseguidor, é de 2 puntos.
Fóra de casa, o Xuvenil A, trala xesta copeira, regresou á liga na División de Honra cun empate (2-2) ante o Arosa SC no Municipal de Vilaxoán (Vilagarcía); e o San Tirso SD Cadete caeu nos últimos minutos na súa visita ao CD Lugo (2-1).
Onte sábado viviuse un exitoso súper sábado en #ANOSACANTEIRA, con 3 partidos e 3 vitorias en Abegondo; ademais da de #ONOSODERBI cadete en Vigo no máis alto da División de Honra.
Pola mañá, Xuvenil B, 3º na Liga Nacional, superou con toda xustiza ao potente Pontevedra CF (5-0), 2º na táboa; e o Infantil, a un Bergantiños CF (9-0) en horas baixas na División de Honra da categoría.
Pola tarde, o Deportivo ABANCA B, sen marxe de erro ao contar unicamente con 2 puntos de vantaxe á fronte da Primeira Nacional sobre o Sporting de Gijón, venceu ao Gijón FF (3-1).
As branquiazuis ataron os 3 puntos a pesar das numerosas baixas por lesión, caso de Noela, Paula Novo, Andrea Ansede e Lucía Couto; e pola subida ao primeiro equipo, como é o caso de Paula Monteagudo.
María Calvo e Elena Vázquez, que o venres participaron nun amigable do Dépor ABANCA en León ante o Deportivo Alavés, foron onte titulares co filial.
Fóra da Cidade Deportiva, o Cadete venceu (2-4) ao RC Celta en Vigo en #ONOSODERBI da División de Honra. Os branquiazuis avantaxan en 9 puntos aos célticos na cabeza da clasificación e amarraron, salvo sorpresa, o título ligueiro.
#ANOSACANTEIRA estivo o pasado mércores pendente do partido do equipo de Manuel Pablo ante o Villarreal CF nos cuartos de final da Copa do Rei.
Do mesmo xeito que nas dúas anteriores eliminatorias, esta rolda foi a partido único e xogouse na Ciudad Deportiva José Manuel Llaneza de Vilarreal porque a bóla do conxunto levantino foi extraída en primeiro lugar no sorteo.
O Xuvenil A asinou unha histórica clasificación a semifinais, por segunda vez na historia do Club, após un emocionante choque resolto na prórroga (3-4) ante unha das máis potentes canteiras de España. Desta forma, xogará unha Final Four que se celebrará o próximo mes de marzo con estes rivais: Real Madrid, Athletic Club e UD Almería.
Tamén o mércores, o San Tirso SD Infantil adiantou o partido de liga da División de Honra en Nigrán (campo de Ureca) ante o ED Val Miñor debido á súa participación durante estes días na 30ª edición do Torneo Internacional João Sequeira, na localidade portuguesa de Ponte Frielas.
Mañá luns, o equipo dirixido por Borja Souto (na foto principal) xogará a semifinal do torneo ante o FC Porto.
Non tiveron competición esta semana o Orzán SD Xuvenil Feminino (Primeira Autonómica); Orzán SD Cadete B Feminino (Segunda Autonómica, subgrupo 1º); Orzán SD Cadete Feminino (Liga Galega cadete, subgrupo A); Orzán SD Infantil Feminino (Liga Galega infantil, subgrupo A), este á espera de coñecer o calendario da segunda fase da competición; Alevín A (Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º); Benxamín A e Fabril FC Benxamín (Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º).
Precisamente a orzanista Emma Gandoy foi convocada pola selección galega sub-15 para disputar a Fase de Prata do Campionato de España, con Baleares e Comunidade Valenciana como rivais, os próximos 24, 25 e 26 en Almería.
No combinado galego sub-17, que disputará a Fase Ouro ante Castela e León, Andalucía e Navarra, hai unha nutrida representación de #ANOSACANTEIRA: Martina Rivas, Uxía López, Elena Vázquez, Laura Santos, Abril Pazos, Sara Cercido, Lucía Rivas, Macarena González e Laura Otero.
Finalmente, o Fabril FC Benxamín, dividido en dous equipos, participou hoxe domingo no IX Torneo Indoor Arousa Fútbol 7 na Senra (Ribadumia), competición que foi aprazada o pasado mes de xaneiro debido á humidade derivada das intensas choivas deses días en Galicia.
O Fabril Benxamín FC A caeu en cuartos de final mentres que o B (na foto sobre estas liñas) foi brillante subcampión.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Terceira RFEF
21ª xornada: FABRIL 0 - RÁPIDO DE BOUZAS 0
Categoría feminina
Primeira Nacional, 20ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 3 (Laura Otero -2- e Laura Santos) - GIJÓN FF 1
Categoría xuvenil
Copa do Rei, cuartos de final (disputado o mércores): VILLARREAL CF 3 - XUVENIL A 4 (Seydiba, Hugo Villaverde, Hugo Baldomar e Kevin)
División de Honra, 21ª xornada: AROSA SC 2 - XUVENIL A 2 (Kevin -2-)
Liga Nacional, 21ª xornada: XUVENIL B 5 (Domínguez -2-, Juan Barros, Adrián e Guerrero) - PONTEVEDRA CF 0
Categoría cadete
División de Honra, 22ª xornada: RC CELTA 2 - CADETE 4 (Rubén -2-, Lucas e Daniel)
División de Honra, 22ª xornada: CD LUGO 2 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Iker Fernández)
Categoría infantil
División de Honra, 19ª xornada: INFANTIL 9 (Casuso -4-, Gael, Trigo -2- e Iker Rozada -2-) - BERGANTIÑOS CF 0
División de Honra, 19ª xornada (disputado o mércores): ED VAL MIÑOR NIGRÁN 2 - SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Javi Seoane e Guille)
Torneo João Sequeira en Ponte Frielas (Portugal)
Primeira Fase
Sábado 18 de febreiro
SPORTING CP 5 - DEPORTIVO 1 (Sergio)
VITÓRIA SC 1 - DEPORTIVO 1 (Raúl)
Domingo 19 de febreiro
DEPORTIVO 2 (Sergio -2-) - SL BENFICA 1
Luns 20 de febreiro
Semifinais
16:30: FC PORTO - DEPORTIVO
Categoría alevín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 2º, 13ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 3 (Iván Gil -2- e Martín López) - ATLÉTICO SAN PEDRO 1
Categoría benxamín
IX Torneo Indoor Arousa Fútbol 7 na Senra (Ribadumia)
Primeira Fase
UD SANTA MARIÑA 1 - FABRIL FC BENXAMÍN B 3 (Raúl González, Alberto Novo e Diego Castelo)
CÍOS VIGO 2 - FABRIL FC BENXAMÍN A 0
VILAGARCÍA SD A 1 - FABRIL FC BENXAMÍN B 11 (Leo Lorenzo -3-, Raúl González -2-, Álex Casado -2-, Diego Castelo -2-, Alberto Novo e Andrés Valencia)
VILAGARCÍA SD B 0 - FABRIL FC BENXAMÍN A 17 (Breogán Díaz -5-, Mateo Songo'o -5-, Mateo Cardelle -3-, Yago Prieto -2-, Saúl Cancela e Gael Fernández)
FABRIL FC BENXAMÍN B 9 (Raúl González -5-, Leo Sánchez -2- e Alberto Novo -2-) - PONTEVEDRA CF 1
AROSA SC C 0 - FABRIL FC BENXAMÍN A 11 (Breogán Díaz -4-, Mateo Songo'o -3-, Yago Prieto -2- e Saúl Cancela -2-)
Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN B 7 (Raúl González -3-. Leo Lorenzo -2-, Alberto Novo e Ares Caamaño) - AROSA SC B 1
FABRIL FC BENXAMÍN A 0 - RC CELTA B 4
Semifinal
FABRIL FC BENXAMÍN B 7 (Leo Lorenzo -3-, Raúl González -3- e Alberto Novo) - UD SANTA MARIÑA 2
Final
FABRIL FC BENXAMÍN B 2 (Leo Lorenzo -2-) - CÍOS VIGO 11