RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Hoxe domingo 9 de xaneiro xogáronse dous partidos de #ANOSACANTEIRA, ambos na Cidade Deportiva.

No campo principal, o Xuvenil A dobregou na segunda metade (3-0), con goles de Nájera, en dúas ocasións, e Mario ao Bansander na pelexa do conxunto de Manuel Pablo polo liderado da División de Honra.

O horario coincidiu co do primeiro equipo en ABANCA-RIAZOR fronte ao CF Talavera, pero os cántabros, con todo organizado para viaxar a esa hora, non deron o visto e prace a un cambio de hora e/ou de día.

Pola tarde no campo 5 regresou á competición o Deportivo ABANCA B no grupo 1º de Primeira Nacional. As pupilas de Kevin Cabado non competían desde o pasado 12 de decembro, no que exhibiron un enorme potencial ofensivo (7-0 ao Umia CF); no entanto, hoxe non puideron frear (0-2) ao poderoso Viajes InterRías FF, líder da competición. O acerto ante a área rival dunhas e outras definiu o partido.

En canto ao resto de categorías, o choque do Cadete da División de Honra ante o Atlético Coruña Montañeros CF, previsto para onte sábado, foi aprazado por COVID-19 no vestiario deportivista.

Ademais, o Xuvenil B, con Miguel Figueira á fronte do equipo en substitución dun Alejandro Antón incorporado ao staff técnico de Borja Jiménez, impúxose (3-0) ao Arosa SC nesta primeira cita do ano novo. Os branquiazuis seguen á caza do liderado da Liga Nacional.

Lonxe de Abegondo, ademais dos alevíns e benxamíns na Torre, só xogou onte (1-5) no campo coruñés Víctor Fernández Alonso o Infantil ante o Ural Español CF. Alberto Suárez, até agora no Alevín A, fíxose cargo do equipo por Miguel Figueira. Os branquiazuis gañaron (1-5) e marchan líderes destacados do subgrupo B norte da Liga Galega.

O primeiro partido oficial para #ANOSACANTEIRA este ano 2022, o do Fabril do pasado xoves 6 de xaneiro na Cidade Deportiva ante o Atlético Arnoia, foi aprazado polo Xuíz Único de Competición da Federación Galega de Fútbol debido a COVID-19 no vestiario do filial deportivista.

O encontro correspondente á 14ª xornada xa foi aprazado o pasado 5 de decembro por un caso de COVID-19 aquela vez no equipo ourensán. Segundo dita a resolución do Xuíz Único, o choque xogarase "nunha data o máis próxima posible no tempo, que se determinará cando se acrediten todas as circunstancias que permitan a disputa do mesmo".

Así mesmo, e por esta mesma circunstancia, tamén foi aprazado o choque correspondente á 18ª xornada do Fabril na Magdalena ante o Racing Villalbés, que se ía a disputar hoxe domingo 9 de xaneiro. A Federación confirmou tamén a suspensión de toda a xornada.

Tocoulle descanso nesta primeira xornada do ano 2022 ao Orzán SD Xuvenil Feminino.

Quedan sen arrancar a Liga Galega Cadete Feminina e a Liga Galega Infantil Feminina, nas que compite o Orzán SD Feminino.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira RFEF
14ª xornada: FABRIL - ATLÉTICO ARNOIA, aprazado
18ª xornada: RACING VILLALBÉS - FABRIL, aprazado

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 14ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 0 - VIAJES INTERRÍAS FF 2

Categoría xuvenil
División de Honra, 17ª xornada: XUVENIL A 3 (Nájera -2- e Mario) - BANSANDER 0

Liga Nacional, 15ª xornada: XUVENIL B 3 (Kevin -2- e Ogando) - AROSA SC 0

Categoría cadete
División de Honra, subgrupo A, 13ª xornada: CADETE - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, aprazado

Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B norte, 12ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 1 - INFANTIL 5 (Rubén, Diego -2-, Janusz e Borja)

Categoría alevín
Primeira A Coruña, subgrupo A, 3ª xornada: ALEVÍN A 9 (Pablo Vara -2-, Iago Lameiro -2-, Raúl -2-, Martín Forján -2- e Pablo Somoza) - IMPERÁTOR OAR 0

Primeira A Coruña, subgrupo B, 3ª xornada: CD CALASANZ 1 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Thiago Montes)

Categoría benxamín
Primeira A Coruña, subgrupo A, 3ª xornada: BENXAMÍN A 8 (Jorge Fernández -3-, Martín -2-, David Gómez, Álvaro Gómez e Nacho Villanueva) - CF DEPORTIVO ORZÁN 0

Primeira A Coruña, subgrupo A, 3ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Thiago López -2-, Miguel Candal -2-, Álvaro Rodríguez e Mateo Carballeira)