RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Hoxe domingo 6 de febreiro xogáronse tres partidos en #ANOSACANTEIRA, os tres de categoría feminina.

O Deportivo ABANCA B regresou á competición após dous partidos aprazados, un confinamento e varios casos de COVID. Venceu con solvencia (0-5) a un SD Villestro pechacancelas do grupo 1º de Primeira Nacional.

Ademais, o Orzán SD Xuvenil Feminino empatou na Torre (0-0) co CD Lugo nun duelo na zona alta do grupo A de Primeira División Galega; e o Orzán SD Infantil Feminino impúxose en Elviña Pequeno (4-0) ao SCD Milagrosa.

Onte sábado xogou en casa, ademais dos alevíns e benxamíns, o Orzán SD Cadete Feminino (3-1) ante o Victoria CF. Triunfo ante un rival directo que aúpa ás orzanistas ao liderado en solitario da Liga Galega.

Fóra, o Xuvenil B derrotou en Nigrán ao ED Val Miñor B (1-3) e o Infantil en Lugo ao SD Residencia (0-3). Ambos os equipos mandan nos seus grupos: Liga Nacional e subgrupo B norte da Liga Galega respectivamente.

En Tercera RFEF, o partido correspondente á 22ª xornada entre o CD Choco e o Fabril, previsto para hoxe domingo 6 de febreiro no campo de Santa Mariña de Redondela, foi aprazado por COVID no vestiario do equipo pontevedrés.

Agora será o Xuíz de Competición o que fixe unha nova data o máis próxima posible no tempo e sempre que o permitan as condicións sanitarias.

O equipo de Óscar Gilsanz concluíu así unha frenética e frutífera semana escalando posicións cara á zona alta a costa o pasado mércores dun Atlético Arnoia (2-0) pechacancelas do grupo, en partido correspondente á 14ª xornada aprazado até en dúas ocasións por COVID; e do Polvorín FC (4-1) do pasado sábado 29 de xaneiro.

Por outra banda, o partido do Xuvenil A de onte sábado en Cantabria ante o CD Bezana, correspondente á 19ª xornada na División de Honra, foi aprazado por COVID no vestiario do conxunto cántabro.

Así pois, o equipo que dirixe Manuel Pablo céntrase xa na preparación da eliminatoria ante o FC Dynamo Kyiv ucraíno correspondente ao playoff da UEFA Youth League. Esta histórica cita xogarase a partido único en ABANCA-RIAZOR o mércores 9 de febreiro ás 19:00 horas, retransmitido en directo por Movistar+.

Finalmente, o triunfo no subgrupo A da División de Honra cadete entre o Deportivo e o ED Xuventude de Oroso, o pasado venres en Abegondo (2-0), abriu o calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA.

A día de hoxe, 13 puntos de vantaxe e un partido menos xogado conta o equipo deportivista sobre o ED Xuventude de Oroso, o seu inmediato perseguidor. Así pois, este triunfo branquiazul deixa sentenciada esta primeira parte da temporada.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Tercera RFEF
14ª xornada (xogado o pasado mércores): FABRIL 2 (Runy e Davo) - ATLETICO ARNOIA 0
22ª xornada: CD CHOCO - FABRIL, aprazado

Categoría feminina
Primeira Nacional, 18ª xornada: SD VILLESTRO 0 - DEPORTIVO ABANCA B 5 (Paula Monteagudo -2-, Laura Otero, Trillo e Marta Méndez)

Primeira División Galega, subgrupo A, 15ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 0 - CD LUGO 0

Liga Galega Cadete, 12ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMININO 3 (Ana Capelo -2- e Laura Santos) - VICTORIA CF 1

Liga Galega infantil, subgrupo 1º, 12ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 4 (Yanis Citoula, Candela Fernández, Paula Martínez e Alexia Freire) - SCD MILAGROSA 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 19ª xornada: CD BEZANA - XUVENIL A, aprazado

Liga Nacional, 19ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN B 1 - XUVENIL B 3 (Kevin -2- e Álex Delgado)

Categoría cadete
División de Honra, subgrupo A, 17ª xornada: CADETE 2 (Jaime Calviño e Oreiro) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0

Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B norte, 16ª xornada: SD RESIDENCIA 0 - INFANTIL 3 (Diego, Xabi e Rubén)

Categoría alevín
Primeira A Coruña, subgrupo A, 7ª xornada: ALEVÍN A 4 (José Quiroga, Lucas Vázquez, Antón e Guille) - XESUITINAS 1

Primeira A Coruña, subgrupo B, 7ª xornada: VICTORIA CF 3 - FABRIL FC ALEVÍN 4 (Thiago Montes -2-, Mario González e Íker Obeso)

Categoría benxamín
Primeira A Coruña, subgrupo A, 7ª xornada: BENXAMÍN A 11 (David Gómez -2-, Nacho Villanueva -3-, Hugo Macedo -2-, Martín -2-, Hugo Pousa e Álvaro Gómez) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0

Primeira A Coruña, subgrupo A, 7ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Álvaro Rodríguez -2-, Miguel Candal, Thiago López e Alejandro Astray)