RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, co Xuvenil B medalla de bronce da Geneve Cup

Este domingo o Xuvenil B (na foto principal da noticia) concluíu a súa participación na Geneve Cup en Ginebra (Suíza) nunha brillante terceira posición.

Os deportivistas caeron na semifinal co Everton inglés (0-3) e derrotaron ao Inter na quenda de penaltis da final de consolación.

Na Primera Fase, os branquiazuis dobregaron por 1-0 ao FC Inter e ao Arsenal FC; e caeron coa mínima co Servette FC suízo.

Onte sábado 23 de agosto o protagonismo foi para o Xuvenil A e os cadetes de ANOSACANTEIRA.

O conxunto de Miguel Figueira, con dous xogadores citados pola selección española sub-17 (Mauro Valeiro e Samba Wade), impúxose por 1-2 ao Sigüeiro FC de Preferente no campo Lino Balado con goles de Mauro e Miguel de Labra.

Ademais, en Santiago, o Cadete caeu por 4-2 ante a SD Compostela de categoría xuvenil. Xogou, e marcou, Antón Vilariño que está citado para uns adestramentos coa selección española sub-15 a próxima semana. 

Completou a xornada de sábado o triunfo do San Tirso SD Cadete (na foto inferior) ante os cadetes compostelanistas por 1-3. 

Tres equipos de ANOSACANTEIRA tiveron partido amigable o pasado venres 22 de agosto.

O Fabril venceu por 2-1 en Abegondo ao Atlético Montañeiros CF de Tercera Federación.

Adiantouse o 'Monta' aos 5 minutos de partido, pero os goles de Mane e Bil déronlle a volta ao marcador.

Foi o sétimo amigable nesta pretemporada para o equipo fabrilista após o do CD Arenteiro en Abegondo (2-2), o do Racing de Ferrol en Narón (3-2), o da SD Compostela en Arzúa (0-2), o do CD Estradense na Estrada (0-3), o do Arteixo en Ponte dos Brozos (0-1) e o da SD Sarriana en Pontedeume (1-3).

Completou a xornada o triunfo do Infantil en Abegondo ante o CD Calasanz (6-0) e o empate do San Tirso SD Infantil no Monte ante o Bergantiños CF (2-2).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
Mércores 20: SD SARRIANA 1 - FABRIL 3 (Dipanda, Cortés e Bil)
FABRIL 2 (Mane e Bil) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1

Categoría xuvenil
SIGÜEIRO FC (Preferente Autonómica) 1 - XUVENIL A 2 (Mauro e Miguel de Labra)

11ª GENEVE CUP no Stade des Arbères (Meyrin, Suíza)
Primera Fase
Sábado 23 de agosto
FC INTER 0 - XUVENIL B 1 (Ander)
SERVETTE FC 1 - XUVENIL B 0
XUVENIL B 1 (Gael) - ARSENAL FC 0

Domingo 24 de agosto
Semifinais
XUVENIL B 0 - EVERTON FC 3

Partido polo terceiro e cuarto posto
XUVENIL B 0 - FC INTER 0. A penaltis: 6-5

Categoría cadete
Mércores 20: SAN TIRSO SD (xuvenil) 1 - CADETE 0
SD COMPOSTELA (xuvenil) 4 - CADETE 2 (Antón Vilariño e Nico Giovanni)

Martes 19: SAN TIRSO SD CADETE 2 (Asier e Carlos Crespo) - VICTORIA CF 1
SD COMPOSTELA 1 - SAN TIRSO SD CADETE 3 (Hugo Ferreirós -2- e Carlos Crespo)

Categoría infantil
INFANTIL 6 (Aritz Fernández, Izan Naveira, Gael Seijo, Santi Durán, Yoel Darriba e Álvaro Gómez) - CD CALASANZ 0

SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Mateo Cortizas e Elian) - BERGANTIÑOS CF 2