RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, con derrota fabrilista este mediodía en Cantabria

ANOSACANTEIRA regresou á competición oficial despois do parón da Semana Santa.

Hoxe domingo 7 sobresaíu o partido do Fabril na localidade cántabra de Sarón fronte ao CD Cayón.

Os fabrilistas, que recuperaron a Diego Gómez após cumprir o seu partido de sanción, caeron (3-2) na recta final nun partido condicionado pola expulsión de Jairo por dobre amarela no minuto 36.

Foi baixa Rubén López, citado polo primeiro equipo para o partido en ABANCA-RIAZOR ante o Unionistas de Salamanca CF; e os lesionados David Vilán e Lache, este con unha lesión muscular nos isquiotibiais.

Ademais houbo visita do Xuvenil A (0-3) e do Infantil (0-1) ao Arosa SC; e do Alevín ao CD Lugo (2-2), ambos igualados a puntos no liderado do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

Os infantís deportivistas Lucas López, Daniel López, Eder Vilas, Nico Naveiras, Raúl Lema, Roi Castro e Sergio Cortizo; ademais de Antón Vilariño e Hugo Ferreiros do San Tirso SD Infantil están convocados coa selección galega sub-14 para un amigable o martes 9 de abril ás 17:15 na Madroa ante o RC Celta de Liga Galega cadete.

Pola súa banda, o Cadete, ao mando da División de Honra, goleou no campo Baltasar Pujales (1-7) ao Rápido de Bouzas; e o San Tirso SD Infantil rabuñou 1 punto en Condomínguez ante o ED Val Miñor Nigrán (3-3) cun gol de Íker Obeso no último minuto.

Os cadetes branquiazuis Rodrigo Leiva, Íker Fernández, Miguel de Labra, Nico Ruiz e Pablo García; con Gael Irimia, Mauro Valeiro e Samba Wade do San Tirso SD Cadete xogarán o martes 9 de abril ás 19:15 un amigable coa selección galega sub-16 ante o RC Celta de Liga Nacional xuvenil.

Os partidos dos 'orzanes', o Orzán SD Xuvenil Femenino na Torre ante o Domaio CF (4-0), o do Orzán SD B sub-16 Femenino en Antas de Ulla (0-2), o do Orzán SD Infantil A Femenino no campo Eugenio Pardo Conchado ante o AD Cristo Rey (9-0), e o do Orzán SD Infantil B Femenino na Torre ante o Torre SD (3-0) puxeron o punto e final ao fin de semana.

No primeiro deles foi baixa Dunia Dahmouni, concentrada de novo coa selección de Marrocos sub-17 para participar nuns adestramentos no Complexo Mohammed VI en Rabat até o próximo 9 de abril.

Onte sábado celebráronse 7 partidos con representación deportivista.

O Deportivo ABANCA B sumou 3 puntos na localidade zamorana de Bóveda de Toro no seu partido da 25ª xornada en Tercera Federación FutFem ante o CD Bovedana (0-2). Decidiron os goles de Noela e Paula Monteagudo.

No filial foi baixa Michi Apóstol, concentrada coa selección venezolana sub-20 para preparar o Campionato Suramericano que arrinca nos próximos días en Ecuador.

No entanto, Óscar Orro, técnico deportivista, puido contar coas xogadoras que están en dinámica do primeiro equipo, dado o parón en Primera Federación Iberdrola, como Paula Novo, Lucía Rivas, Paula Monteagudo, Carmen Carballada e Elena Vázquez.

As futbolistas branquiazuis Elena Vázquez, Lucía Rivas e Sara Cercido; xunto ás orzanistas Yaiza García, Emma Gandoy Laura Santos e Noelia Mayo están convocadas para un adestramento coa selección galega sub-17 este mércores 10 de abril ás 17:00 no campo da Braña en Rois.

Ademais dos dous equipos benxamíns na Torre, o Xuvenil B, á fronte da Liga Nacional, superou (2-0) en Abegondo ao Coruxo FC B; e o San Tirso SD Cadete no Monte ao Coruxo FC por idéntico resultado (2-0).

Fóra de casa competiu o Orzán SD Cadete Femenino, líder do subgrupo 1º da Liga Galega, no campo de Xaviña en Buño ante o UD Cerqueda (1-10).

As orzanistas Antía Veiga, Claudia Sande e Daniela Macedo están citadas pola selección galega sub-15 para un adestramento o mércores 10 de abril ás 17:00 no campo da Braña (Rois).

O calendario abriuno o mércores o sólido triunfo (0-3) do San Tirso SD Cadete en Nigrán ante o ED Val Miñor en partido correspondente á 25ª xornada da División de Honra, disputada o pasado 23 e 24 de marzo.

O pasado xoves, en Abegondo víronse as caras o Alevín A e o Fabril FC Alevín en partido correspondente á 3ª xornada na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.

Venceron os branquiazuis (7-1) a un equipo fabrilista integrado por xogadores un ano menores.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 25ª xornada: CD BOVEDANA 0 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Noela e Paula Monteagudo)

Primera Autonómica, 24ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO 4 (Laura Santos -2-, Nadia Longueira e Noe Gómez) - DOMAIO CF 0

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 24ª xornada: ANTAS SD 0 - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO 2 (Daniela Macedo -2-)

Liga Galega cadete, subgrupo 1º, 24ª xornada: UD CERQUEDA 1 - ORZÁN SD CADETE FEMENINO 10 (Sofía Rodríguez -2-, Marta Moreno -3-, Sofía Milhem -3-, Paula Martínez e Valentina Millón)

Liga Galega infantil, subgrupo 1º, 24ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO 9 (Marta Moreno -2-, Claudia Sande -3-, Carolina Lago -2-, Uxía Fariña e unha futbolista rival en propia meta) - AD CRISTO REY 0
Liga Galega infantil, subgrupo 1º, 24ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 3 (Ariana Barros, Sofía Asensio e Rocío Bejarano) - TORRE SD 0

Segunda Federación
30ª xornada: CD CAYÓN 3 - FABRIL 2 (Martín Ochoa e Álex Alfaro)

Categoría xuvenil
División de Honra, 26ª xornada: AROSA SC 0 - XUVENIL A 3 (Domínguez e Héctor -2-)

Liga Nacional, 28ª xornada: XUVENIL B 2 (Rubén e Lucas) - CORUXO FC B 0

Categoría cadete
División de Honra, 26ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS 1 - CADETE 7 (Mosquera, Lucas, Diego, Xabi Campos, Trillo, Yago e Leandro)
División de Honra, 25ª xornada (mércores 3): ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0 - SAN TIRSO SD CADETE 3 (Gael -2- e Pablo Crespo)
División de Honra, 26ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 2 (Mauro e Nico) - CORUXO FC 0

Categoría infantil
División de Honra, 24ª xornada: AROSA SC 0 - INFANTIL 1 (Sergio Cortizo)
División de Honra, 24ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN 3 - SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Hugo Ferreiros, Pablo Barral e Íker Obeso)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte, 6ª xornada: CD LUGO 2 - ALEVÍN 2 (Nacho Villanueva e David Gómez)

Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 3ª xornada (xoves 4): ALEVÍN A 7 (David Gómez -3-, Nacho Villanueva, Jorge Fernández, Hugo Macedo e Manu Sande) - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Miguel Candal)

Categoría benxamín
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 3ª xornada: BENXAMÍN A 5 (Mateo Songo'o -2- Leo Lorenzo -2- e Álex Casado) - VICTORIA CF 2
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 3ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Gael Fernández -3-, Nico Castro e Joel Losada) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1