Un só partido oficial xogouse este domingo 21 de setembro en ANOSACANTEIRA.
O Fabril impúxose por 2-1 ao Salamanca CF UDS despois de "un gran paso adiante na segunda metade", tal e como afirmou Manuel Pablo nas súas declaracións pospartido.
Os fabrilistas suman 9 puntos de 9 posibles e mantéñense á fronte da táboa.
O técnico fabrilista puido contar con Samu e Kike Fernández, os dous futbolistas que estiveron en dinámica do primeiro equipo toda a semana.
Decidiu o choque un gol do xuvenil Rubén Fernández case no minuto 90.
Así mesmo, na localidade valisoletana de Medina del Campo, o Alevín A proclamouse campión da Medina Internacional Cup mentres que o Fabril FC Alevín caeu na quenda de penaltis da semifinal da súa categoría ante o Girona FC.
O deportivista Adrián Míguez foi o mellor xogador do torneo e o fabrilista Gael Fernández, o mellor porteiro.
O groso da xornada disputouse este sábado 20 de setembro.
O Xuvenil A logrou en Abegondo ante o Racing de Ferrol (5-1) a súa primeira vitoria na División de Honra.
En casa venceu, con remontada incluída, o Xuvenil B (na foto superior) ao Coruxo FC por 3-2; mentres que o San Tirso SD Infantil derrotou no Monte por 4-1 ao CD Victoria CF e é un dos colíderes da División de Honra.
Na Coruña gañaron o Cadete ao Victoria CF (0-1) e o Infantil ao CD Calasanz (0-7).
E desprazouse a Vigo o San Tirso SD Cadete para dobregar en Condomínguez por 1-3 ao ED Val Miñor Nigrán e seguir como colíder da categoría.
Finalmente, os dous equipos benxamíns tiveron torneo amigable en Arcade.
Así, o Benxamín A, con Hugo Cancela nomeado como mellor xogador, foi subcampión do Torneo Internacional CD Arcade e o Fabril FC Benxamín logrou a segunda praza na Fase de Plata.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Segunda Federación
3ª xornada: FABRIL 2 (Un futbolista rival en propia meta e Rubén Fernández) - SALAMANCA CF UDS 1
Categoría xuvenil
División de Honra, 2ª xornada: XUVENIL A 5 (Miguel de Labra, Íker Gil, Nico, Balbas e Lucas Castro) - RACING DE FERROL 1
Liga Nacional, 3ª xornada: XUVENIL B 3 (Sabino, Nico e Gael) - CORUXO FC 2
Categoría cadete
División de Honra, 2ª xornada: VICTORIA CF 0 - CADETE 1 (Raúl Lema)
División de Honra, 2ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1 - SAN TIRSO SD CADETE 3 (Hugo Ferreirós, Asier e Tiago)
Categoría infantil
División de Honra, 2ª xornada: CD CALASANZ 0 - INFANTIL 7 (Yoel Darriba -2-, David Gómez -2-, Manu Sande, Izan e Julen)
División de Honra, 2ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Martín López -2-, Uxío e Ruy Caamaño) - VICTORIA CF 1
Categoría alevín
Medina Internacional Cup, en Medina del Campo e Nava del Rey (Valladolid)
Primera Fase
Venres 19 de setembro
ALEVÍN A 7 (Diego Castelo -2-, Alberto Novo -2-, Enzo Fernández, Adrián Míguez e Leo Lorenzo) - CD PARQUESOL B 3
Sábado 20 de setembro
ALEVÍN A 2 (Ares Navarro e Enzo Fernández) - SD INDAUTXU 0
CULTURAL LEONESA 0 - ALEVÍN A 3 (Leo Lorenzo -2 e Diego Castelo)
ALEVÍN A 3 - CD ÍSCAR 0
CAPISCOL CF 0 - ALEVÍN A 6 (Andrés Valencia, Mateo Cardelle, Alberto Novo, Enzo Fernández, Leo Lorenzo e Saúl Cancela)
Domingo 21 de setembro
Oitavos de final
ALEVÍN A 3 (Alberto Novo -2- e Enzo Fernández) - SD LAGUNAK 1
Cuartos de final
ALEVIN A 2 (Ares Navarro e Adrián Liñares) - GETAFE CF
Semifinais
ALEVÍN A 3 (Yago Prieto, Saúl Cancela e Leo Lorenzo) - ATLÉTICO DE MADRID 1
Final
ALEVÍN A 1 (Enzo Fernández) - CD PARQUESOL 0
Medina Internacional Cup, en Medina del Campo e Nava del Rey (Valladolid)
Primera Fase
Venres 19 de setembro
FABRIL FC ALEVÍN 15 (Pablo Gómez -5-, Martín Martelo -2-, Martín Coronel -2-, Manu Parada -2-, Joel Losada, Mateo Pastorín, Nico Castro e César Leira) - CD VIANA DE CEGA 0
Sábado 20 de setembro
FABRIL FC ALEVÍN 14 (Manu Parada -5-, Pablo Gómez -2-, Mateo Pastorín -2-, Leo Galbán -2-, Martín Martelo, Asier Ordax e César Leira) - CLUB GERNIKA 0
CD PARQUESOL 2 - FABRIL FC ALEVÍN 4 (Gael Fernández -2-, Manu Parada e César Leira)
GETAFE CF 1 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Joel Losada -2- e Pablo Gomez)
Domingo 21 de setembro
Fase de Oro
Oitavos de final
FABRIL FC ALEVÍN 4 (Nico Castro, Gael Fernández, Manu Parada e Pablo Gómez) - CULTURAL LEONESA 1
Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Pablo Gómez e César Leira) - ATLÉTICO DE MADRID 0
Semifinais
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Manu Parada e Martín Martelo) - GIRONA FC 2. A penaltis: 0-2
Categoría benxamín
Torneo Internacional CD Arcade en O Salgueirón
Sábado 20 de setembro
Primera Fase
BENXAMÍN A 4 (Hugo Cancela -2-, Pablo Campanero e Saúl Gómez) - AROSA SC 0
VITÓRIA SC 0 - BENXAMÍN A 4 (Hugo Cancela -2-, Pablo Campanero e Hugo Rey)
BENXAMÍN A 6 (Pablo Campanero -2-, Fabio Álvarez -2-, Hugo Cancela e Tomás Sánchez) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2
Fase de Oro
Cuartos de final
BENXAMÍN A 2 (Tomás Sánchez e Hugo Rey) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1
Semifinal
BENXAMÍN A 2 (Anxo Español e Ian Lata) - CD CALASANZ 0
Final
BENXAMÍN A 2 (Tomás Sánchez e Pablo Campanero) - UD SANTA MARIÑA 2. A penaltis: 2-3
Torneo Internacional CD Arcade en O Salgueirón
Sábado 20 de setembro
Primera Fase
AJ LÉREZ 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Álex Martínez) - VITÓRIA SC 3
RÁPIDO DE BOUZAS 1 - FABRIL FC BENXAMÍN (Milan Songo'o)
Fase de Plata
Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Izan Mallón e Álex Martínez -2-) - SD COMPOSTELA 1
Semifinais
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Milan Songo'o, Izan Mallón e Jaime Fraga) - AJ LÉREZ 1
Final
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Álex González e Jaime Fraga) - VITÓRIA SC 5
