ANOSACANTEIRA viviu un 'súper domingo'. O Fabril visitou ao CD Barco en Calabagueiros no último partido de liga en Tercera RFEF.
A esa mesma hora, o Arosa SC, segundo na táboa pero cos mesmos puntos (58) que os fabrilistas, visitaba ao Racing Villalbés.
Así pois, os pupilos de Óscar Gilsanz dependían de si mesmos posto que un triunfo supoña o título e o ascenso a Segunda RFEF. Ao Fabril tamén lle valería un empate a condición de que os arousáns non gañasen o seu partido e mesmo unha derrota se os pupilos de Luisito tamén caesen derrotados na Magdalena.
O filial fixo os deberes e impúxose (0-1) ao CD Barco cun gol de Mella no ecuador da segunda metade.
Por conseguinte, o Fabril xogará a próxima temporada en Segunda RFEF e #ANOSACANTEIRA dá un paso adiante.
En Abegondo, Deportivo e RC Celta xogáronse o título da División de Honra xuvenil. A falta de 3 partidos, 2 puntos separaban aos célticos, líderes con 66 puntos, dos branquiazuis, segundos con 64 puntos.
Gañaron os celestes (2-3), que afastan aos deportivistas case de maneira definitiva da primeira posición.
Esta semana, o atacante Kevin participou coa selección española sub-18 en dous partidos amigables en Suíza. O primeiro deles xogouse o pasado martes 18 na localidade de Solothurn. O canteirán branquiazul foi titular e autor dunha asistencia no claro triunfo hispano (0-4).
O segundo amigable, o xoves 20 xusto antes de emprender viaxe de regreso á Coruña, tamén acabou con vitoria española (0-2) nun partido no que Kevin xogou os últimos 20 minutos.
Ademais dos citados partidos do Fabril e do Xuvenil A, o Cadete, que acariña o título da División de Honra, caeu en Abegondo cun San Tirso SD Cadete que pelexa pola salvación (3-4); un Orzán SD Infantil Feminino non puido en Elviña Pequeno co EFF Rosalía (0-2); e o Orzán SD Xuvenil Feminino goleou na Torre (5-1) ao Sárdoma CF B, líder da Primeira Autonómica.
Fóra, o Xuvenil B impúxose nos Remedios ao Pabellón Ourense CF (2-3) e o Orzán SD Cadete B Feminino en Narón ao SD O Val B (0-2).
Onte, o partido do Deportivo ABANCA B en Abegondo ante o CD Parquesol B centrou a atención en #ANOSACANTEIRA.
As valisoletanas presentáronse na Cidade Deportiva con 9 futbolistas debido a lesións e sancións. O encontro concluíu no minuto 60, con 14-0 no marcador, debido a que, por lesión, o CD Parquesol B quedou con só 6 futbolistas no campo, menos do que permite o regulamento.
Será agora o Comité de Competición o que teña que confirmar, á vista do sucedido, o resultado do partido.
No equipo de Kevin Cabado foi titular a defensa Elena Vázquez, que estivo concentrada coa selección española sub-17 nuns adestramentos na localidade alacantina de Alfaz del Pi desde o pasado luns 17 ao mércores 19 de abril. No horizonte deste combinado nacional está a Fase Final do Campionato de Europa que se xogará en Estonia o próximo mes de maio.
Polo demais, o único que xogou en casa foi o San Tirso SD Infantil, que, instalado na zona media da División de Honra, venceu (3-0) en Abegondo ao Arosa SC.
Fóra de casa, o Orzán SD Cadete Feminino gañou ao UD Mos (1-6) na pelexa polo título galego; e o Infantil ao CD Conxo Santiago (1-3) na División de Honra.
Ademais, o Benxamín A quedou emparellado co Betanzos CF na eliminatoria previa ao Campionato Galego de fútbol 8. A ida xogouse no Carregal e foi para os deportivistas: 2-5.
E o Fabril FC Benxamín iniciou con vitoria na Torre ante o Oza Juvenil SD (6-0) o Torneo Delegación despois de quedar en 5ª posición no subgrupo 1º de Primeira A Coruña - As Mariñas.
O conxunto fabrilista, que arrancou con 3 puntos na clasificación arrastrados da primeira fase, ten como rivais no subgrupo C3 ao citado Oza Juvenil SD, Atlético Arteixo e San Tirso SD. O formato de competición é de liga a dobre volta.
O triunfo (3-1) do Alevín A o pasado martes 18 de abril en Abegondo ante o Fabril FC Alevín, correspondente á 1ª xornada na Fase polo Título da Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8, abriu o calendario en #ANOSACANTEIRA.
O choque corresponde á pasada fin de semana pero xogouse o pasado martes debido á participación do Alevín A o sábado 15 no Torneo de Lemona (Biscaia) de fútbol 7.
O Alevín A accedeu a esta fase como campión do subgrupo 1º e o Fabril FC Alevín, do subgrupo 2º. Os outros dous rivais son o Ural Español CF e Atlético San Pedro, subcampións dos dous subgrupos na primeira fase. O formato de competición é o de liga todos contra todos a dobre volta.
Onte sábado, tanto Alevín A (na Torre contra o Ural Español CF) como Fabril FC Alevín (en Iñás ante o Atlético San Pedro) disputaron con triunfo a 2ª xornada nesta Fase polo Título.
O pasado xoves, o Alevín deportivista, pero esta vez en fútbol 11, venceu (0-3) ao SDCyR Narón O Freixo en partido adiantado ao fin de semana correspondente á 8ª xornada no subgrupo norte do Trofeo Conservas Calvo.
E o mércores, os alevíns branquiazuis Antón Vilariño, Iker Obeso e Thiago Montes participaron nun amigable coa selección galega sub-12 no campo Manolo Barreiro de Pontevedra ante o EF Portero 2000. Este choque serviu de preparación para o Campionato de España de seleccións autonómicas que terá lugar o próximo 29, 30 e 1 de maio en Madrid.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Terceira RFEF
30ª xornada (última): CD BARCO 0 - FABRIL 1 (Mella)
Categoría feminina
Primeira Nacional, 27ª xornada (suspendido no minuto 60): DEPORTIVO ABANCA B 14 (Noela -3-, Laura Santos -3-, Tati -2-, Laura Testa -2-, Marta Rico, Laura Otero, Lucía Couto e Elena Vázquez) - CD PARQUESOL B 0
Primeira Autonómica, 27ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 5 (Elena Vázquez, Laura Santos, Noe Gómez -2- e Uxía López) - SÁRDOMA CF B 1
Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 23ª xornada: SD O VAL B 0 - ORZÁN SD CADETE B FEMININO 2 (Nerea Gamallo e Candela González)
Fase polo Título da Liga Galega cadete, 4ª xornada: UD MOS 1 - ORZÁN SD CADETE FEMININO 6 (Mica Baratelli, Ánxela Prado, Candela Fernández, Macarena González, Lucía González e Valeria Montero)
Fase polo Título da Liga Galega infantil, 6ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 0 - EFF ROSALÍA 2
Categoría xuvenil
División de Honra, 28ª xornada: XUVENIL A 2 (Pablo Parada e Garaboa) - RC CELTA 3
Liga Nacional, 29ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF 2 - XUVENIL B 3 (Héctor -2- e un futbolista rival en propia meta)
Categoría cadete
División de Honra, 32ª xornada: CADETE 3 (Xián, Daniel e Sergio Pose) - SAN TIRSO SD CADETE 4 (Álvaro Rioboo, Jairo, Mosquera e Miguel de Labra)
Categoría infantil
División de Honra, 28ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 1 - INFANTIL 3 (Gael -2- e Borja)
División de Honra, 28ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Manuel -2- e Sergio Cortizo) - AROSA SC 0
Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 8ª xornada (xogado o xoves): SDCyR NARÓN O FREIXO 0 - ALEVÍN 3 (Mario González -3-)
Fase polo Título de Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8, 1ª xornada, (xogado o pasado martes): ALEVÍN A 3 (Javi Barral, Nico Torres e Thiago Montes) - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Martín López)
Fase polo Título de Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8, 2ª xornada: ATLÉTICO SAN PEDRO 1 - FABRIL FC ALEVÍN 4 (Álvaro Gómez, David Gómez, Hugo Macedo e Martín López)
Fase polo Título de Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8, 2ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 2 - ALEVÍN A 3 (Nico Torres -2- e Iker Obeso)
Categoría benxamín
Eliminatoria previa ao Campionato Galego, ida: BETANZOS CF 2 - BENXAMÍN A 5 (Miguel Candal -2-, Alejandro Astray, Mateo Carballeira e Hugo Bujía)
Torneo Delegación, subgrupo C3, 1ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Leo Lorenzo -2-, Álex Casado, Mateo Songo'o, Andrés Valencia e Mateo Cardelle) - OZA JUVENIL SD 0
