RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, con triunfo fabrilista en Cantabria

Fin de semana de actividade reducida en ANOSACANTEIRA debido á festividade do entroido. Por este motivo tiveron descanso o Xuvenil B e os dous equipos cadetes e infantís.

Para hoxe domingo 2 de marzo quedou o choque do Fabril na localidade cántabra de Escobedo de Camargo ante o UM Escobedo.

Manuel Pablo contou coas baixas de Aarón, Luisao, Noé e Pablo García; aínda que recuperou a Kike Fernández e Álex Pereira.

Decidiu o encontro para os fabrilistas un gol de Alfaro no minuto 88, pouco despois de que o UM Escobedo quedouse con 10 xogadores por expulsión dun futbolista.

Onte sábado 1 de marzo o Xuvenil A non puido perforar a portería do Real Avilés Industrial (0-0) e suma 1 punto. 

Os branquiazuis ceden o liderado da División de Honra ao RC Celta.

Ademais na Torre xogaron o Fabril FC Alevín e os dous equipos benxamíns.

O partido do Alevín A ante o CD Calasanz pásase ao mércores 5 en Abegondo debido á participación esta fin de semana do conxunto deportivista no IV Memorial Luis Quijada na área Deportiva Puente Castro en León.

Precisamente o Alevín iniciou o pasado martes con triunfo no campo da Fontenla de Santa Comba ante o Xallas FC a súa participación no grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

Compoñen este grupo ademais o Atlético Coruña Montañeros CF, CD Calasanz, Ural Español CF, ED Luis Calvo, San Tirso SD, Atlético Arteixo, Galicia Caranza, Racing de Ferrol, CD Lugo e Victoria CF.

O formato de competición é de liga a unha soa volta. O campión de grupo xogarase o trofeo co campión do grupo sur nunha final que se xogará nas Eiroas (Carballo).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
25ª xornada: UM ESCOBEDO 0 - FABRIL 1 (Alfaro)

Categoría xuvenil
División de Honra, 23ª xornada: REAL AVILÉS INDUSTRIAL 0 - XUVENIL A 0

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 1ª xornada (martes 25): XALLAS FC 0 - ALEVÍN 10 (Lucas Albor -3-, Nico Rodríguez-Ponce -3-, Hugo Quintela -2-, Alejandro Astray e Hugo Álvarez)

Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 17ª xornada: ALEVÍN A - CD CALASANZ, o mércores 5 de marzo ás 19:15 en Abegondo (campo de herba artificial)
Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 17ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - FABRIL FC ALEVÍN 0

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 17ª xornada: BENXAMÍN A 14 (Martín Coronel -5-, Joel Losada -4-, César Leira, Nico Castro, Pablo Gómez, Pablo Couso e Leo Galbán) - OZA JUVENIL SD 0
Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 17ª xornada: ATLÉTICO CASTROS 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Ian Lata, Manu López e Tomás Sánchez)