RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, con triunfos hoxe domingo dos xuvenís en Mareo e en Pontevedra

Quedaron para hoxe domingo 16 de febreiro en ANOSACANTEIRA os partidos dos dous equipos xuvenís, resoltos ambos con vitorias.

O A superou en Gijón ao Sporting (0-1) cun gol de Mario Hermo para seguir á fronte da División de Honra e o B de Liga Nacional en Pontevedra ao AJ Lérez (2-4) cun 'hat trick' de Miguel de Labra.

O epicentro da fin de semana estivo no Estadio Nuevo Ganzábal de Langreo, onde onte sábado venceu o Fabril por 0-3.

Os fabrilistas non perdoaron a un rival que quedou con 10 futbolistas aos 11 minutos de partido e, con 33 puntos, asómanse aos postos altos da clasificación.

Tamén onte, ademais do Fabril FC Alevín (na foto inferior) e os dous equipos benxamíns, xogaron en casa o Cadete (14-0) ante o Rápido de Bouzas, o San Tirso SD Cadete (1-2) fronte ao RC Celta e o Infantil (11-0) ante o CD Areosa.

Completou a xornada o bo triunfo (1-5) en Salceda de Caselas do San Tirso SD Infantil fronte ao Escola Fútbol DSF.

Tocou descanso esta fin de semana para o Alevín A en o grupo 1º da Primera A Coruña de fútbol 8.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
23ª xornada: UP LANGREO 0 - FABRIL 3 (Carreira, Manu Ferreiro e Fabi)

Categoría xuvenil
División de Honra, 21ª xornada: SPORTING DE GIJÓN 0 - XUVENIL A 1 (Mario Hermo)

Liga Nacional, 21ª xornada: AJ LÉREZ 2 - XUVENIL B 4 (Miguel de Labra -3- e Xabi)

Categoría cadete
División de Honra, 20ª xornada: CADETE 14 (Gael -3-, Elías -6-, Ander -2-, Nico, Antón e un futbolista rival en propia meta) - RÁPIDO DE BOUZAS 0

Amigable (martes 11 de febreiro): SAN TIRSO SD CADETE 6 (Jurgen -2-, Pablo Vara, Yerobe, Iago Varela e José Quiroga) - VIVEIRO CF 0
División de Honra, 20ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 1 (Nico Giovanni) - RC CELTA 2

Categoría infantil
Amigable (mércores 12 de febreiro): INFANTIL 3 (Iago -2- e Jaime) - BERTAMIRÁNS FC 2
División de Honra, 18ª xornada: INFANTIL 11 (Hugo Caridad, Thiago Montes -3-, Íker Obeso -4-, Javi Barros, Javi Barral e Iago Álvarez) - CD AREOSA 0

División de Honra, 18ª xornada: ESCOLA FÚTBOL DSF 1 - SAN TIRSO SD INFANTIL 5 (Hugo Macedo, Carlos Crespo, David Gómez -2- e Nacho Villanueva)

Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, 15ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 5 (Leo Lorenzo -2-, Enzo Fernández, Alberto Novo e Mateo Songo'o) - OZA JUVENIL SD 1

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, 15ª xornada: VICTORIA CF 0 - BENXAMÍN A 10 (Marco Dios -3-, Martín Martelo -2-, César Leira, Pablo Gómez, Pablo Couso, Martín Coronel e Leo Barro)
Primera A Coruña de fútbol 8, 15ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 9 (Tomás Sánchez -3-, Hugo Cancela -2-, Hugo Rey, Xosé Varela, Ian Lata e Manu López) - ORILLAMAR SD 0