Esta fin de semana sobresaíu na xornada de ANOSACANTEIRA o partido do Fabril.
Os pupilos de Manuel Pablo visitaron ao UP Langreo este domingo 18 no Estadio Nuevo Ganzábal.
Os asturianos acababan de cambiar de adestrador: o ex deportivista Manel Menéndez relevou a Pablo Fernández Acebal.
Esta semana, o filial presentou a documentación do internacional senegalés Papa Samsou Niang, que xa está dispoñible para Manuel Pablo.
Por contra, foron baixa Bil e Noé, que se desprazaron co primeiro equipo a Almería; e por problemas físicos Damián Canedo, Dipanda, Íker Vidal, Hugo Torres, Fabi e Malick.
Ante isto, debutou como titular o central coruñés de categoría xuvenil Xabi Campos.
O encontro acabou sen goles a pesar de que a poesión do balón foi fabrilista.
Completou a xornada do domingo o choque do Xuvenil B (na foto principal da noticia) no Municipal de Bertamiráns (0-1) e o do San Tirso SD Cadete (na foto inferior) no Municipal Rodríguez Lago ante o CD Lugo na División de Honra (2-3).
Este sábado 17 xogouse o resto da xornada.
De entre todos os partidos destacou o do Xuvenil A, que aparcou a liga para recibir no campo Arsenio Iglesias ao AD Sporting Hortaleza de Madrid nos dezaseisavos de final da Copa del Rey.
Os branquiazuis, que gañaron 3-1, mediranse o 28 de xaneiro en oitavos ao Rayo Vallecano, vencedor da súa eliminatoria ante o Arucas CF '98'.
Ademais, xogaron fóra de casa o Cadete en Vigo ante o UD Santa Mariña (0-1), o Alevín A no campo da Universidade Laboral ante a SD Acea de Ama (0-3) e o Benxamín A en Sada (0-14).
Como locais o Fabril FC Alevín venceu ao Sporting Cambre (14-1) e o Fabril FC Benxamín ao Olímpico CF (8-0).
Por outra banda, un partido disputouse este xoves 15 de xaneiro en ANOSACANTEIRA.
E no Monte, o San Tirso SD Infantil recibiu ao Infantil en partido correspondente á División de Honra.
Os branquiazuis venceron (0-12) e lideran o grupo mentres que os 'verdes' transitan por unha cómoda 4ª praza.
O pasado martes 13 de xaneiro, o Fabril FC Alevín impúxose por 1-4 ao CD Calasanz en encontro correspondente á 14ª xornada na Primera Futgal A Coruña disputada a pasada fin de semana.
Finalmente, os cadetes Anxo Castro, Dani López, Raúl Lema e Yerobe; ademais de Antón Vilariño, Carlos Ernau, Hugo Ferreirós e Julen López do San Tirso SD Cadete foron convocados pola selección galega sub-16 para un partido de adestramento este mércores 14 na Madroa ante o RC Celta.
Así mesmo, os infantís Enzo Pose, Hugo Macedo, Jaime Garea, Julen Díaz e Santi León; acompañados por Martín Brandón, Martín López, Mateo Cortizas e Xiao Fontao do San Tirso SD Infantil participarán coa selección galega sub-14 noutro amigable ante o RC Celta, tamén na Madroa.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Segunda Federación
19ª xornada: UP LANGREO 0 - FABRIL 0
Categoría xuvenil
Copa del Rey, dezaseisavos de final: XUVENIL A 3 (Íker Gil, Lucas Castro e Miguel de Labra) - AD SPORTING HORTALEZA 1
Liga Nacional, 18ª xornada: BERTAMIRÁNS FC 0 - XUVENIL B 1 (Roi Cabada)
Categoría cadete
15ª xornada: UD SANTA MARIÑA 0 - CADETE 1 (Gandarela)
15ª xornada: CD LUGO 2 - SAN TIRSO SD CADETE 3 (Íker Obeso -2- e Hugo Caridad)
Categoría infantil
División de Honra, 15ª xornada (xoves 15): SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - INFANTIL 12 (Santi Durán -3-, Hugo Macedo, Gael Seijo, Manu Sande, Aritz Fernández -2-, Yoel Darriba -3- e David Gómez)
Categoría alevín
Primera Futgal A Coruña, 15ª xornada: SD ACEA DE AMA 0 - ALEVÍN A 3 (Leo Lorenzo, Alberto Novo e Diego Castelo)
Primera Futgal A Coruña, 13ª xornada (martes 13): CD CALASANZ 1 - FABRIL FC ALEVÍN 4 (César Leira -2-, Joel Losada e Leo Galbán)
Primera Futgal A Coruña, 15ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 14 (Joel Losada -3-, Manu Parada -3-, Pablo Gómez -2-, Martín Martelo -2-, Mateo Pastorín -2-, Nico Castro e César Leira) - SPORTING CAMBRE 1
Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 15ª xornada: SADA CF 0 - BENXAMÍN A 14 (Pablo Campanero -4-, Hugo Cancela -4-, Ian Lata -2-, Hugo Rey, Mateo Ramos, Tomás Sánchez e Manu López)
Primera Futgal A Coruña, 15ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Diego Freire -2-, Milan Songo'o, Anxo Fernández, Izan Mallón, Dylan Toro, Jaime Fraga e Álex Martínez) - OLÍMPICO CF 0
