Fran Alonso asegura que a derrota en Palamós "non nos vai a afectar á seguinte saída"
Fran Alonso cre que a derrota no Estadi de Palamós - Costa Brava ante o FC Badalona Women foi "unha oportunidade que perdemos de levar puntos cando o equipo estaba moi ben pero non nos vai a afectar á seguinte saída que temos, contra o DUX Logroño".
O técnico deportivista asegura que contra as rioxanas, o domingo 25 de xaneiro ás 16:00 (Dazn) en Las Gaunas, "imos tentar non cometer eses erros e tentar traernos os 3 puntos".
Subliña que o gol temperán do FC Badalona Women, aos 2 minutos, "quítanos tranquilidade. Expuxemos un partido no que queriamos ter moito balón, dominar. Psicoloxicamente aféctanos. Aínda así o equipo tentouno pero con máis corazón que cabeza".
Conclúe Fran Alonso que "nos imos con mal sabor de boca porque é unha oportunidade perdida".