A RC Deportivo Fundación activa a bancada solidaria de ABANCA-RIAZOR para o Dépor - Real Racing Club do domingo 25 de xaneiro ás 21:00
A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo deste domingo 25 de xaneiro ás 21:00 ante o Real Racing Club, activa a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.
Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria.
Para solicitar entradas, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.
A data límite para poder solicitalas serán as 11:00 h. deste xoves 22 de xaneiro.