RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, con triunfo este domingo 18 do Orzán SD Sub-21 ante o Sárdoma Cf

Na fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina sobresaíu o encontro do Dépor ABANCA B no Dépor Training Center ante o Bizkerre Club, este sábado 17 de xaneiro.

No banco do filial deportivista, Brais Pombo relevou a Sandro Nogueira.

Caeron as branquiazuis por 1-6 nun frouxo partido.

A gran protagonista da semana foi Antía Veiga, que participou nuns adestramentos coa selección española sub-17.

Tamén Claudia Sande, que debutou co Dépor ABANCA B a pasada fin de semana no seu partido ante o Atlético de Madrid C, adestrouse coa selección española sub-16 esta semana.

Completou a xornada do sábado o triunfo do Orzán SD Cadete en Narón ante o Racing de Ferrol (1-2), o do Orzán SD Infantil A en Eirís fronte ao Silva SD (0-8) e o do Orzán SD Infantil B na Torre ante o CD Rois (5-1).

O domingo 18 de xaneiro xogáronse outros dous encontros.

O Orzán SD Sub-21 venceu ao Sárdoma CF (0-4) e o Orzán SD Xuvenil non logrou puntuar na súa visita ao Lóstrego CF B (3-1).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
15ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 1 (Jenny Corros) - BIZKERRE CLUB 6

Tercera Federación
14ª xornada: SÁRDOMA CF 0 - ORZÁN SD SUB-21 4 (Daniela Barbanzán, Ángela Cotelo, Adelaida González e Dunia Dahmouni)

Primera Autonómica
14ª xornada: LÓSTREGO CF B 3 - ORZÁN SD XUVENIL 1 (Valentina Millón)

Liga Galega cadete
12ª xornada: RACING DE FERROL 1 - ORZÁN SD CADETE 2 (Alba García e Lola Freire)

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 12ª xornada: SILVA SD 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 8 (María López-Perales -2-, Candela Vázquez, Zoe Mahía, Lorena Anastase -2-, María Arrojo e Lucía Mosquera)

Grupo 2º, 12ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 5 (Alba Deibe, Carmen Méndez, Sasha Abigail -2- e Noa Saiz) - CD ROIS 1