RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, con derrota do Orzán SD Sub-21 en Santiago

Un único partido xogouse este domingo 8 de febreiro en ANOSACANTEIRA feminina.

O Orzán SD Sub-21 (na foto da noticia), instalado na zona media da Tercera Federación, caeu en Santiago co Victoria FC (2-1), un rival directo.

Con este resultado, as orzanistas quedan con 20 puntos na 7ª posición.

Este sábado 7 de febreiro disputouse o groso da xornada.

O Deportivo ABANCA B venceu por 1-0 no Dépor Training Center ao Real Racing Club.

Decidiu o encontro un gol no minuto 80 de Karla Bermejo, dianteira cedida polo Racing Power portugués e que xa debutou o pasado domingo en Zubieta ante a Real Sociedad B.

Ademais, Antía Veiga, titular ante as cántabras, foi citada de novo para uns adestramentos coa selección española sub-17 do luns 9 ao mércores 11 de febreiro.

Completou a xornada o triunfo do Orzán SD Cadete fronte ao Silva SD (1-3) e os das infantís: o A ante o Sporting Burgo (11-0) e o B fronte ao UD Cerqueda (1-0).

Finalmente, o empate (1-1) entre o Orzán SD Xuvenil e o Sárdoma CF B, este venres 6 de febreiro no Dépor Training Center, abriu o calendario de partidos en ANOSACANTEIRA feminina.

Adiantáronse as viguesas aos 36 minutos de partido pero igualou Daniela Barbanzán no minuto 46.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
17ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 1 (Karla Bermejo) - REAL RACING CLUB 0

Terceira Federación
16ª xornada: VICTORIA FC 2 - ORZÁN SD SUB-21 1 (Claudia Sande)

Primeira Autonómica
17ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 1 (Daniela Barbanzán) - SÁRDOMA CF B 1

Liga Galega cadete
15ª xornada: SILVA SD 1 - ORZÁN SD CADETE 3 (Martina Vázquez, Lola Freire e Carmen Folgar)

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 15ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 11 (María López-Perales -5-, Daniela Arrojo -2-, Lorena Anastase, Inés Neira, Ana Moreda e Mencía Queijas) - SPORTING BURGO 0

Grupo 2º, 15ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 1 (Carla García) - UD CERQUEDA 0