RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, con empate do Dépor ABANCA B e triunfo do Orzán SD Sub-21

Dous partidos xogáronse esta fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina.

O Dépor ABANCA B empatou (2-2) co Atlético Villalonga FF de Segunda Federación. 

Adiantouse na primeira metade o filial con tantos de Sara Barreda e Laura Otero; pero as pontevedresas igualaron o choque na segunda parte.

A deste sábado foi a terceira cita para o filial deportivista despois do triunfo por 0-1 ante o Real Avilés Industrial en Tapia de Casariego e das semifinais do Torneo Unindo Camiños en Santiago.

Pola súa banda, o Orzán SD Sub-21 de Terceira Federación, que comezou os adestramentos esta semana, estreouse con vitoria por 2-1 ante o Bergantiños Cf.

Os resultados foron os seguintes:

Segunda Federación
DEPORTIVO ABANCA B 2 (Sara Barreda e Laura Otero) - ATLÉTICO VILLALONGA FF 2

Terceira Federación
ORZÁN SD SUB-21 2 (Azucena e Cotelo) - BERGANTIÑOS CF 1