RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados deste mércores, con triunfo do Xuvenil A en Maniños; e calendario dunha fin de semana que abre o Xuvenil B ante o Olímpico CF este venres

ANOSACANTEIRA atópase inmersa nunha intensa semana de pretemporada, con 11 partidos confirmados; ademais dun torneo amigable en Sanxenxo para o San Tirso SD Cadete e San Tirso SD Infantil.

Tres encontros xogáronse este mércores 27 de agosto.

O Xuvenil A (na foto principal da noticia) superou por 1-2 no campo de O Pote ao Cultural Maniños de Preferente Autonómica grazas aos goles de Miguel de Labra (na foto de pé o primeiro futbolista empezando pola dereita).

O Cadete (na foto no medio do texto) perdeu pola mínima (3-2) no campo de Barraña ante o CD Boiro de categoría xuvenil.

E o San Tirso SD Infantil (na foto inferior) tamén caeu por 2-3 no Monte co Atlético Coruña Montañeros CF.

Os dous primeiros equipos en entrar en xogo foron onte martes 26 de agosto o San Tirso SD Cadete, que venceu (0-1) no Monte ao San Tirso SD de categoría xuvenil; e o Infantil, que no campo de herba artificial de Abegondo venceu por 5-0 Imperátor OAR de categoría cadete.

Este venres 29 a única cita en ANOSACANTEIRA é para o Xuvenil B, que xoga en Rutis ante o Olímpico CF de Primera Autonómica (20:00) 

En canto ao resto de equipos sobresae o partido do Fabril, que estrea o campo principal de Abegondo este sábado 30 de agosto ás 12:00 ante o Bergantiños CF. O encontro será a porta pechada debido ás obras na instalación branquiazul.

Será o oitavo amigable nesta pretemporada para o equipo fabrilista após o do CD Arenteiro en Abegondo (2-2), o do Racing de Ferrol en Narón (3-2), o da SD Compostela en Arzúa (0-2), o do CD Estradense na Estrada (0-3), o do Arteixo en Ponte dos Brozos (0-1), o da SD Sarriana en Pontedeume (1-3) e o do Atlético Coruña Montañeros CF en Abegondo (2-1).

Teñen cita tamén o sábado 30 o Xuvenil A en Miño (20:00) e o Xuvenil B en Abegondo (10:30).

Finalmente hai torneo amigable, a Sanxenxo Cup, para o San Tirso SD Cadete o domingo 31 e para o San Tirso SD Infantil o sábado 30.

 

O calendario de partidos xa confirmados, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
FABRIL - BERGANTIÑOS CF, o sábado 30 de agosto ás 12:00 en Abegondo (campo principal)

Categoría xuvenil
SD CULTURAL MANIÑOS (Preferente Autonómica) 1 - XUVENIL A 2 (Miguel de Labra -2-)
AD MIÑO (Preferente Autonómica) - XUVENIL A, o sábado 30 de agosto ás 20:00 no campo de Gallamonde (Miño)

OLÍMPICO CF (Primera Autonómica) - XUVENIL B, o venres 29 de agosto ás 20:00 no Complexo Deportivo de Rutis (Vilaboa)
XUVENIL B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A, o sábado 30 de agosto ás 10:30 en Abegondo (campo de herba sintética)

Categoría cadete
CD BOIRO (xuvenil) 3 - CADETE 2 (Nico Giovanni e Anxo)
CADETE - IMPERÁTOR OAR (xuvenil), o venres 29 de agosto ás 17:00 en Abegondo (campo de herba sintética)

Martes 26: SAN TIRSO SD (xuvenil) 0 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Álex Vidal)

Sanxenxo Cup no campo de O Revel (Sanxenxo)
Domingo 31 de agosto
Primera Fase
10:45: SAN TIRSO SD CADETE - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF
11:55: AJ LÉREZ B - SAN TIRSO SD CADETE 
13:05: PABELLÓN OURENSE CF - SAN TIRSO SD CADETE
En función de clasificación, os equipos pasan a cuartos de final, que comezan ás 17:00

Categoría infantil
Martes 26: INFANTIL 5 (Santi Durán -3- e Álvaro Gómez -2-) - IMPERÁTOR OAR (cadete) 0
RACING DE FERROL B (cadete) - INFANTIL, o sábado 30 de agosto ás 19:30 en O Beco (Cedeira)

SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Nico e Mateo Cortizas) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 3

Sanxenxo Cup no campo de O Revel (Sanxenxo)
Sábado 30 de agosto
Primera Fase
10:10: SAN TIRSO SD INFANTIL - URAL ESPAÑOL CF
11:20: SAN TIRSO SD INFANTIL - AJ LÉREZ
14:50: SAN TIRSO SD INFANTIL - CD CALASANZ
En función de clasificación, os equipos pasan a cuartos de final, que comezan ás 17:00