RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados deste venres, con novo triunfo do Fabril; e calendario deste sábado, con protagonismo para os xuvenís

Tres equipos de ANOSACANTEIRA tiveron partido amigable este venres 22 de agosto.

Así, o Fabril venceu por 2-1 en Abegondo ao Atlético Montañeros CF de Tercera Federación.

Adiantouse o 'Monta' aos 5 minutos de partido, pero os goles de Mane e Bil déronlle a volta ao marcador.

Fabril: Álex (Hugo Ríos, min. 46), Pablo (Aarón, min. 70), Samu (Mario Hermo, min. 46), Malick (Damián, min. 78), Hugo Torres (Quique Teijo, min. 78), Kike Fernández (Noé, min. 78), Pablo Cortés (Garrido, min. 70), Nájera, Héctor (Rubén, min. 70), Domínguez (Fabi, min. 78) e Mane (Bil, min. 46).

O desta tarde foi o sétimo amigable nesta pretemporada para o equipo fabrilista após o do CD Arenteiro en Abegondo (2-2), o do Racing de Ferrol en Narón (3-2), o da SD Compostela en Arzúa (0-2), o do CD Estradense na Estrada (0-3), o do Arteixo en Ponte dos Brozos (0-1) e o da SD Sarriana en Pontedeume (1-3).

Completou a xornada o triunfo do Infantil en Abegondo ante o CD Calasanz (6-0) e o empate do San Tirso SD Infantil no Monte ante o Bergantiños CF (2-2).

Para este sábado, o Xuvenil A, con dous xogadores citados pola selección española sub-17 (Mauro Valeiro e Samba Wade), visita ao Sigüeiro FC de Preferente no campo Lino Balado e o Xuvenil B xa está en Suíza para participar na Geneve Cup co Servette FC, FC Inter e Arsenal FC como rivais na Primera Fase.

O San Tirso SD Cadete deu o pasado martes o pistoletazo a unha nova semana de amigables en ANOSACANTEIRA.

Os 'verdes' impuxéronse no Monte (2-1) ao Victoria CF con goles de Asier e Carlos Crespo.

Neste equipo, o central Antón Vilariño foi citado para uns adestramentos coa selección española sub-15 este mes de agosto.

O calendario de partidos confirmados, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
Mércores 20: SD SARRIANA 1 - FABRIL 3 (Dipanda, Cortés e Bil)
FABRIL 2 (Mane e Bil) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1

Categoría xuvenil
SIGÜEIRO FC (Preferente Autonómica) - XUVENIL A, o sábado 23 de agosto ás 11:00 no campo Lino Balado (Oroso)

11ª GENEVE CUP no Stade des Arbères (Meyrin, Suíza)
Primera Fase
Sábado 23 de agosto
10:50: FC INTER - XUVENIL B
15:25: SERVETTE FC - XUVENIL B
19:05: XUVENIL B - ARSENAL FC
En función da clasificación, os equipos acceden a unha fase final o domingo 24 de agosto

Categoría cadete
Mércores 20: SAN TIRSO SD (xuvenil) 1 - CADETE 0

Martes 19: SAN TIRSO SD CADETE 2 (Asier e Carlos Crespo) - VICTORIA CF 1

Categoría infantil
INFANTIL 6 (Aritz Fernández, Izan Naveira, Gael Seijo, Santi Durán, Yoel Darriba e Álvaro Gómez) - CD CALASANZ 0

SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Mateo Cortizas e Elian) - BERGANTIÑOS CF 2