Intensa fin de semana de torneos en #ANOSACANTEIRA, desde o Cadete ao Fabril FC Benxamín, pasando polo Orzán SD Infantil Feminino.
Os deportivistas compiten en Francia, Polonia, Torrelavega, Massanassa, Azpeitia, Vilagarcía, Ribadumia e Vilalonga.
Os branquiazuis están en cuartos de final do Torneo San Bernabé
Un equipo cadete e outro alevín branquiazul compiten no Torneo San Bernabé en Cantabria. Ambos disputan mañá domingo os oitavos de final.
Baskauri FE, Bansander e UC Cartes foron os rivais na Primeira Fase do Cadete.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, todos no campo do Malecón 1 de Torrelavega é o seguinte:
Venres 10 de xuño
Primeira Fase
CADETE 4 (Jairo -2-, Telmo e Pose) - BASKAURI FE 1
Sábado 11 de xuño
CLUB BANSANDER 1 - CADETE 3 (Nico Ruiz, Dani e Rubén)
CADETE 9 (Murilo -3-, Íker, Vergara, Rubén, Telmo, Dani e un futbolista rival en propia meta) - UC CARTES 0
Domingo 12 de xuño
Oitavos de final
10:50: CADETE - UD AMIZADE
Após superar ao Atlético Perines, CD Inter Vista Alegre, CDE Valle Lebaniego, AD San Agustín e CD Revilla B na Primeira Fase, os infantís mídense mañá domingo á SD Indautxu en oitavos de final.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Primeira Fase
Venres 10 de xuño
DEPORTIVO 9 (Guille -3-, Gabri -2-, Antón, Javi Barral, Hugo e Esteban) - CD REVILLA B 0
Sábado 11 de xuño
DEPORTIVO 9 (Fructuoso -4-, Esteban -2-, Martín Forján -2- e Antón) - CDE VALLE LEBANIEGO 0
DEPORTIVO 3 (Lucas Vázquez, Javi Seoane e un futbolista rival en propia meta) - ATLÉTICO PERINES 0
DEPORTIVO 4 (Martín Forján -3- e Esteban) - CD INTER VISTA ALEGRE 0
DEPORTIVO 6 (Guille -3-, Gabri, Fructuoso e Antón) - AD SAN AGUSTÍN 0
Domingo 12 de xuño
Oitavos de final
12:00: DEPORTIVO - SD INDAUTXU
Primeiras vitorias do Fabril FC Alevín na Azpeitia Cup
Equipos da talla do Athletic Club ou do RCD Espanyol son algúns dos rivais do Fabril FC Alevín na Azpeitia Cup 2022. Esportiu Mercantil, Danena KE e Comiñas CF completan o grupo 4.
Hoxe venres, os fabrilistas gañaron os seus dous partidos.
O calendario do Fabril FC Alevín na Primeira Fase é o seguinte:
Venres 10 de xuño
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Thiago Montes) - COMILLAS CF 0
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Nico Torres) - DANENA KE 0
Sábado 11 de xuño
RCD ESPANYOL 4 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Íker Obeso)
ATHLETIC CLUB 2 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Nico Torres e Thiago Montes -2-)
CLUB ESPORTIU MERCANTIL 0 - FABRIL FC ALEVÍN 4 (Thiago Montes, Íker Obeso -2- e Javi Barral)
Domingo 12 de xuño
Segunda Fase
09:00: FABRIL FC ALEVÍN - ATLÉTICO DE MADRID
11:00: FABRIL FC ALEVÍN - VILLARREAL CF
O campión galego cadete gañou o torneo no campo da Pelada (Vilagarcía)
O Cadete, flamante campión galego esta temporada, impúxose na final ao RC Celta nun torneo que se desenvolveu no campo da Pelada en Vilagarcía de Arousa.
Ademais, Jorge García foi o máximo goleador e Luis, o meta menos batido.
ED Arousa e Pontevedra CF foron os rivais iniciais dos pupilos de Darío Cotelo.
Os resultados foron os seguintes:
Primeira Fase
DEPORTIVO 3 (Jorge García, Samute e Carballo) - PONTEVEDRA CF 1
ED AROUSA 0 - DEPORTIVO 3 (Jorge García, Noé e Juan Barrós)
Semifinais
DEPORTIVO 3 (Jorge García, Noe e Juan Barrós) - CD CHOCO 0
Final
DEPORTIVO 1 (Dani Estévez) - RC CELTA 0
O Infantil xa está en oitavos de final na II Copa Ribadumia Clae Viaxes
O Infantil participa esta fin de semana na II edición da Copa Ribadumia Clae Viaxes que se xoga nas instalacións deportivas da Senra en Ribadumia.
O equipo branquiazul quedou encadrado no grupo F co Barakaldo CF, SD Burela, Gil Vicente FC e Pontevedra CF; e accedeu aos oitavos de final, mañá domingo ante o Shelbourne FC.
O calendario branquiazul, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Primeira Fase
Sábado 11 de xuño
INFANTIL 1 (Diego) - BARAKALDO CF 2
INFANTIL 5 (Frank, Borja, Balbas e Marcos -2-) - SD BURELA 0
INFANTIL 2 (Diego -2-) - GIL VICENTE FC 0
INFANTIL 2 (Hugo e Leandro) - PONTEVEDRA CF 0
Domingo 12 de xuño
Oitavos de final
12:10: INFANTIL - SHELBOURNE FC
Boa aprendizaxe para o Orzán SD Infantil Feminino ante rivais masculinos
O Orzán SD Infantil Feminino, campión galego da categoría, disputou a I edición do Trofeo San Pedro, no campo homónimo en Vilalonga e no de Ou Revel en Sanxenxo.
Foi unha competición mixta. Así, o cadro orzanista quedou emparellado no grupo 2 co UD Santamariña, SD Villestro e Villalonga FC, todos equipos masculinos de Liga Galega e División de Honra infantil.
O Orzán SD Infantil Feminino acabou con boas sensacións a competición e sobre todo unha notable aprendizaxe ante rivais loxicamente superiores en físico.
Os resultados foron os seguintes:
Primeira Fase
VILLALONGA FC 3 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 0
SD VILLESTRO 3 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 0
ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 0 - UD SANTA MARIÑA 7
Fase de Consolación
ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 0 - UMIA CF 4
O Tournoi International Guerlédan (Francia), exame para os infantís do Club
Un conxunto infantil do Dépor integra o cartel do Tournoi International Guerlédan no pobo francés de Guerlédan (Bretaña). A competición desenvólvese na modalidade de fútbol 8.
Os resultados dos partidos xa xogados até a data son os seguintes:
Primeira Fase
Sábado 11 de xuño
DEPORTIVO 1 (Nico) - FC TOULON 0
DEPORTIVO 1 (Trigo) - FC 93 BOBIGNY 0
DEPORTIVO 5 (Nico, Gael -2-, Sergio e Joaquín) - EA A TESSOUALLE 0
DEPORTIVO 5 (Mauro, Trigo -2-, Samuel e Gael) - US CANS LOUANNEC 0
DEPORTIVO 4 (Mauro -3- e Joaquín) - PLOUZANÉ AC 0
DEPORTIVO 1 (Nico) - FC LORIENT 0
DEPORTIVO 6 (Joaquín -3-, Iago, Sergio e Joel) - GJ LLE SOURN SAINT THURIAU 0
Para mañá domingo, o Infantil accedeu á Segunda Fase co FC Rouen, Val Yerres Crosne e AS Guinglin Cesson como rivais.
O Alevín A, en semifinais do Torneo Tifut en Massanassa (Valencia)
O Alevín A atópase na localidade valenciana de Massanassa, con motivo da XVI edición do Torneo Tifut.
Vilarreal CF, Elche CF e CDB Massanassa foron os rivais dos branquiazuis na Primeira Fase.
Os resultados foron os seguintes
Sábado 11 de xuño
Primeira Fase
ELCHE CF 2 - ALEVÍN A 1 (José Quiroga)
ALEVÍN A 6 (Sergio -2-, Nikolay -2-, Iago Lameiro e Pablo Somoza) - VILLARREAL CF
ALEVÍN A 8 (Sergio -2-, Iago Varela -2-, Pablo Vara, Álex, Pablo Somoza e Iago Lameiro) - CDB MASSANASSA 0
Cuartos de final
ALEVÍN A 2 (Nikolay e Sergio) - ALBACETE BALOMPIÉ 0
Domingo 12 de xuño
Semifinal
10:40: ALEVÍN A - VALENCIA CF
O Benxamín A clasificouse para a Fase de Ouro da Sokolik Cup de Polonia
O Benxamín A vive unha nova experiencia esta fin de semana en Europa, concretamente en Polonia, coa Sokolik Cup 2022, que se disputa na localidade de Stary SÃÂ cz, ao sur do país.
O equipo deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo C co FC Midtjylland danés, o ŠK Slovan Bratislava eslovaco, o FK RFS Riga letón e os polacos WKS à Âlàsk Wrocà Âaw e AP Talent Warszawa.
Após unha boa xornada de sábado, o Benxamín A clasificouse para a Fase de Ouro, que se disputa mañá en formato de liga.
O calendario de partidos do Benxamín A, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Sábado 11 de xuño
Primeira Fase
BENXAMÍN A 4 (Iván Gil -2-, Nacho Villanueva e Hugo Luaces) - FC MIDTJYLLAND 1
BENXAMÍN A 3 (Hugo Luaces, Iván Gil e Hugo Macedo) - ŠK SLOVAN BRATISLAVA 0
BENXAMÍN A 2 (Nacho Villanueva e Iván Gil) - FK RFS RIGA 0
BENXAMÍN A 1 (Iván Gil) - AP TALENT WARSZAWA 3
BENXAMÍN A 1 (Nacho Villanueva) - WKS Ã
ÂLÃÂSK WROCÃ
ÂAW 3
Domingo 12 de xuño
Fase de Ouro
13:00: BENXAMÍN A - POGON SZCZECIN
13:40: BENXAMÍN A - FK KLAIPEDA
14:20: BENXAMÍN A - WKS Ã
ÂLÃÂSK WROCÃ
ÂAW
15:00: BENXAMÍN A - ZAGLEBIE LUBIN
15:40: BENXAMÍN A - FC PORTO
O Fabril FC Benxamín acaba en decimosegunda posición da Pitchoun's Cup 2022
Se a pasada fin de semana o Fabril FC Benxamín xogou dous torneos na cidade alemá de Colonia, este viaxou a Francia para xogar a Pitchoun's Cup 2022, prestixioso torneo que se xoga na localidade de Luynes (Centre-Val de Loire).
O KV Kortrijk belga, o Manchester City FC inglés, o Racing FC Union Lëtzebuerg luxemburgués e os franceses AS Saint-Priest, Burel FC, Olympique Rovenain e SC Briard foron os rivais dos fabrilistas no grupo 2.
Após unha intensa xornada de sábado, o Fabril FC Benxamín acabou en 12ª posición de 64 equipos.
Os resultados foron os seguintes:
Sábado 11 de xuño
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Thiago López, Javi Meiriño e Miguel Candal) - KV KORTRIJK 1
MANCHESTER CITY FC 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Miguel Candal -2-)
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Thiago López) - BUREL FC 3
AS ST PRIEST 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Alejandro Astray e Miguel Candal) - RACING FC UNION LËTZEBUERG 0
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - OLYMPIQUE ROVENAIN 4
SC BRIARD 4 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
