A xornada do domingo 7 de setembro en ANOSACANTEIRA ten o foco no Fabril, que arrinca a Segunda Federación ás 12:00 en Abegondo ante o Burgos CF Promesas.
No seu último test de pretemporada, o pasado sábado 30 de agosto, o conxunto de Manuel Pablo derrotou por 1-0 ao Bergantiños CF de Segunda Federación.
Anteriormente, os fabrilistas venceron á SD Compostela en Arzúa (0-2), ao CD Estradense na Estrada (0-3), ao Atlético Arteixo en Ponte dos Brozos (0-1), á SD Sarriana en Pontedeume (1-3) e ao Atlético Coruña Montañeros CF en Abegondo (2-1).
A pretemporada do filial completouna un empate co CD Arenteiro en Abegondo (2-2) e unha derrota co Racing de Ferrol en Narón (3-2).
No Fabril, coa fichaxe de Pablo Cortés, o peche de mercado deixou as cesións de Carreira ao Atlético Coruña Montañeros CF; e de Hugo Villaverde e Pablo Parada á SD Sarriana de Segunda Federación.
Hoxe sábado tivo compromiso ligueiro o Xuvenil B en Abegondo ante o Bertamiráns FC (4-0) e amigable o San Tirso SD Cadete en Rutis ante o Olímpico CF (2-1).
A maiores, o Infantil (na foto principal da noticia) gañou o Torneo Apertura en Monteporreiro (Pontevedra) e o San Tirso SD Infantil (na foto entre o texto) o Memorial David Eiroa en Meicende e Pastoriza.
Así mesmo, o Alevín A, Fabril FC Alevín, Benxamín A (na foto inferior) e Fabril FC Benxamín clasificáronse para a Fase Oro do torneo do Narón O Freixo no campo de Río Seco.
Finalmente o Cadete pelexará este domingo ás 12:40 co RC Celta pola 7ª praza da Bergantiños Football Cup.
A fin de semana en ANOSACANTEIRA comezou onte venres 5 de setembro co triunfo do Xuvenil A por 5-2 en Abegondo ante a SD Compostela.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
1ª xornada: FABRIL - BURGOS CF PROMESAS, este domingo 7 de setembro ás 12:00 en Abegondo
Categoría xuvenil
XUVENIL A 5 (Vergara, Lucas, De Labra, Álvaro e Xian) - SD COMPOSTELA 2
Liga Nacional, 1ª xornada: XUVENIL B 4 (Gael, Nico, Antón e un futbolista rival en propia meta) - BERTAMIRÁNS FC 0
Categoría cadete
Martes 2: CADETE 5 (Picallo -2-, Jurgen, José Quiroga e Raúl Lema) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF B (xuvenil) 1
1ª Bergantiños Football Cup, nas Eiroas
Primera Fase
Venres 5 de setembro
CADETE 4 (Picallo -2-, Jurgen e Gabri) - BERGANTIÑOS CF 1
Sábado 6 de setembro
CADETE 0 - REAL SOCIEDAD 2
VALENCIA CF 3 - CADETE 0
CADETE 2 (Gandarela -2-) - ATLÉTICO DE MADRID 3
Domingo 7 de setembro
Posición 7º ou 8º
12:40: CADETE - RC CELTA
Martes 2: SAN TIRSO SD CADETE - URAL ESPAÑOL CF B (xuvenil), aprazado
OLÍMPICO CF (xuvenil) 2 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Asier Valverde)
Categoría infantil
Martes 2: INFANTIL 2 (Iván Gil e Santi Durán) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF B (cadete) 0
14ª edición do Torneo Apertura en Monteporreiro (Pontevedra)
Sábado 6 de setembro
AROSA SC 0 - INFANTIL 2 (Ruy e Yoel Darriba)
INFANTIL 3 (Ruy, David e Uxío Pérez) - EF PORTERO 2000 0
INFANTIL 2 (Aritz e Martín) - RC CELTA 1
Martes 2: CD CONXO SANTIAGO 1 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Iago Fernández)
3er Memorial David Eiroa
Sábado 6 de setembro
Primera Fase, en Meicende
CD LUGO 1 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Hugo Álvarez)
SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Nico Rodríguez) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0
SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Mateo Cortizas) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0
VICTORIA CF 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Mateo Songo'o)
Semifinais
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0. A penaltis: 2-3
Final
SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Hugo Álvarez e Mateo Cortizas -2-) - RC CELTA 1
Categoría alevín
Torneo SDCR Narón Freixo en Río Seco (Narón)
Sábado 6 de setembro
Primera Fase
ALEVÍN A 1 (Adrián Liñares) - BERTAMIRÁNS FC 0
ALEVÍN A 8 (Alberto Novo -2-, Adrián Míguez -2-, Jorge Víboras -2-, Saúl Cancela e Mateo Cardelle) - SDCR NARÓN O FREIXO A 0
ALEVÍN A 1 (Leo Lorenzo) - CD AS PONTES 0
Domingo 7 de setembro
Fase Oro
9:30: RACING DE FERROL - ALEVÍN A
11:30: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - ALEVÍN A
14:10: ALEVÍN A - CD QUIRINAL
Torneo SDCR Narón Freixo en Río Seco (Narón)
Sábado 6 de setembro
Primera Fase
RACING DE FERROL 0 - FABRIL FC ALEVÍN 4 (César Leira, Martín Coronel, Leo Barro e Manu Parada)
FABRIL FC ALEVÍN 5 (Brais Iglesias -2-, Leo Galbán, Nico Castro e Mateo Pastorín) - ATLÉTICO ARTEIXO 0
FABRIL FC ALEVÍN 12 (Manu Parada -3-, Nico Castro -3-, Leo Galbán -3-, Marco Dios, Joel Losada e Leo Barro) - CF OZA CESURAS 0
Domingo 7 de setembro
Fase Oro
9:30: FABRIL FC ALEVÍN - BERTAMIRÁNS FC
11:30: FABRIL FC ALEVÍN - CD CALASANZ
14:10: FABRIL FC ALEVÍN - RC CELTA
Categoría benxamín
Torneo SDCR Narón Freixo en Río Seco (Narón)
Sábado 6 de setembro
Primera Fase
BENXAMÍN A 3 (Xosé Varela, Tomás Sánchez e Pablo Campanero) - ED XUVENTUDE DE OROSO
BENXAMÍN A 10 (Anxo Español -3-, Ian Lata -2-, Hugo Cancela -2-, Tomás Sánchez e Pablo Campanero) - CF OZA CESURAS 0
BENXAMÍN A 3 (Tomás Sánchez -2- e Hugo Cancela) - SDyR PORTUARIOS 1
Domingo 7 de setembro
Fase Oro
11:00: URAL ESPAÑOL CF - BENXAMÍN A
13:00: SDR CANIDO - BENXAMÍN A
15:45: ATLÉTICO DE MADRID - BENXAMÍN A
Torneo SDCR Narón Freixo en Río Seco (Narón)
Sábado 6 de setembro
Primera Fase
OZA JUVENIL SD 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Jaime Fraga, Milan Songo'o e Álex Martínez)
GALICIA CARANZA 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Izán Mallón -2-, Jaime Fraga -3-, Tomás Lorenzo, Álex Martínez e Óscar Lijo)
CULTURAL LEONESA 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Álex Martínez)
Domingo 7 de setembro
Fase Oro
10:30: RC CELTA - FABRIL FC BENXAMÍN
12:30: FC PORTO - FABRIL FC BENXAMÍN
15:15: CD QUIRINAL - FABRIL FC BENXAMÍN
