RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA, con cara e cruz para Xuvenil A e Fabril

O encontro máis destacado da fin de semana en #ANOSACANTEIRA foi o do Fabril, que non puido (0-2) na Cidade Deportiva co CD Numancia, líder da Segunda Federación.

O filial deportivista chegaba ao encontro co impulso anímico da contundente vitoria da pasada fin de semana por 3-0 en ABANCA-RIAZOR ante o Pontevedra CF, o outro gran favorito.

Completou a xornada dominical o triunfo do Xuvenil A ante o Bansander na Cidade Deportiva (3-0). O conxunto de Miguel Figueira manda na táboa con 52 puntos aínda que o RC Celta suma 51 puntos cun partido menos.

Onte sábado 8 de febreiro xogaron e gañaron unicamente os alevíns e benxamíns debido a que houbo descanso para os equipos cadetes e infantís pola celebración da segunda fase do Campionato de España por autonomías.

Os cadetes deportivistas Borja Díaz, Ramón Blanco, Samba Wade, Mauro Valeiro, Gael Irimia; ademais de Raúl Lema, Nikolay e Roi Castro do San Tirso SD Cadete competiron coa selección galega sub-16.

Pola súa banda, os infantís branquiazuis Julen López, Antón Vilariño, Hugo Caridad, Thiago Montes e Adrián Fernández; ademais de Iván Gil e Hugo Macedo do San Tirso SD Infantil xogaron coa selección galega sub-14.

O Xuvenil B abriu o venres 7 con triunfo (2-1) en Abegondo ante o Racing de Ferrol unha nova fin de semana de competición en ANOSACANTEIRA.

Abel e Xian foron os goleadores branquiazuis. Con este resultado, os deportivistas son segundos con 46 puntos e un partido menos.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
22ª xornada: FABRIL 0 - CD NUMANCIA DE SORIA 2

Categoría xuvenil
20ª xornada: XUVENIL A 3 (Héctor e Rubén -2-) - BANSANDER 0

20ª xornada: XUVENIL B 2 (Abel e Xian) - RACING DE FERROL 1

Categoría infantil
Amigable, mércores 5 de febreiro: INFANTIL 1 (Álvaro Gómez) - VIVEIRO CF 4 (cadete) 4

Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, 14ª xornada: ALEVÍN A 4 (Hugo Álvarez, Lucas Albor, Sergio Fernández e Mateo Cortizas) - ORILLAMAR SD 1
Primera A Coruña de fútbol 8, 14ª xornada: IMPERÁTOR OAR 0 - FABRIL FC ALEVÍN 18 (Enzo Fernández -4-, Alberto Novo -3-, Leo Lorenzo -2-, Mateo Songo'o -4-, Andrés Valencia, Antón Fernández, Diego Castelo e Adrián Liñares -2-)

Categoría benxamín
Amigable, martes 4 de febreiro: BENXAMÍN A 1 (Marco Divos) - VICTORIA CF B (alevín) 1
Primeira A Coruña de fútbol 8, 14ª xornada: BENXAMÍN A 13 (Gael Fernández -3-, Leo Galbán -2-, César Leira -2-, Joel Losada -2-, Martín Martelo, Pablo Couso, Leo Barro e Pablo Gómez) - SILVA SD 0
Primera A Coruña de fútbol 8, 14ª xornada: CD CALASANZ 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Tomás Sánchez -2-, Hugo Cancela -2-, Fabio Álvarez e Ian Lata)