RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA, con vitoria este domingo dos dous equipos xuvenís

Este domingo 8 de febreiro disputáronse en ANOSACANTEIRA os partidos de liga dos dous equipos xuvenís. 

O A, líder da División de Honra (na foto principal da noticia), gañou por 1-2 en Torrelavega con dous goles cántabros en propia meta.

Precisamente o estadio Heliodoro Rodríguez López é o escenario elixido polo CD Tenerife para albergar o partido dos cuartos de final da Copa del Rey xuvenil ante o Deportivo.

A eliminatoria, a partido único, xogarase este mércores 11 de febreiro ás 18:00 (hora local, 19:00 en Galicia).

E no Dépor Training Center o Xuvenil B venceu por 3-0 ao Ourense CF para seguir na 2ª praza da Liga Nacional.

Este sábado 7, o partido do Fabril ante a SD Sarriana no campo Arsenio Iglesias centrou a atención da xornada.

O filial deportivista impúxose ao cadro lucense que dirixe o ex deportivista Dani Giménez cun gol de Fabi no desconto.

Manuel Pablo insiste en que "temos que competir todos os minutos en calquera partido e ante calquera rival. Esas desconexións non as podemos ter porque hai moi bos equipos e estes descoidos pódenche saír caro".

O Fabril, con 45 puntos, manda na clasificación unha xornada máis.

Esta semana non hai xornada de liga na División de Honra cadete e infantil; aínda que o Infantil disputou este pasado xoves 5 de febreiro un amigable no campo Lino Balado de Oroso ante o ED Xuventude de Oroso de categoría cadete.

No entanto, o San Tirso SD Cadete venceu por 1-2 ao Pabellón Ourense CF en partido correspondente á 16ª xornada que foi aprazada o pasado 24 de xaneiro polo temporal.

Á mesma hora no Monte, o San Tirso SD Infantil igualou (2-2) ante o Escola de Fútbol DSF pero en choque desta xornada, a 18ª.

Foron baixa nos 'verdes' Martín Brandón e Xiao Fontao, concentrados coa selección galega sub-14.

E en fútbol 8 gañaron no campo 1.1 da Torre o Alevín A (1-4), Benxamín A (1-7), Fabril FC Alevín (15-0) e Fabril FC Benxamín (6-1).

Finalmente, os cadetes branquiazuis Anxo Castro, Nikolay, Raúl Lema e Yerobe; ademais de Antón Vilariño e Carlos Ernau, do San Tirso SD Cadete participaron coa selección galega sub-16 na Fase Final do Campionato de España por autonomías que se disputou en Pastoriza con Canarias e La Rioja como rivais.

Así mesmo, Julen Díaz, Gael Seijo, Hugo Macedo, Santi León e Iván Gil do Infantil deportivista; cos citados Martín Brandón e Xiao Fontao do San Tirso SD Infantil competiron coa selección galega sub-14 nesa fase final da categoría tamén co equipo canario e o rioxano como rivais, e tamén en Pastoriza.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
22ª xornada: FABRIL 2 (Manu Ferreiro e Fabi) - SD SARRIANA 1

Categoría xuvenil
División de Honra, 19ª xornada: RS GIMNÁSTICA DE TORRELAVEGA 1 - XUVENIL A 2 (dous futbolistas rivais en propia meta)

Liga Nacional, 21ª xornada: XUVENIL B 3 (Roi, Ander e Nico Giovanni) - OURENSE CF 0

Categoría cadete
División de Honra, 16ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF 1 - SAN TIRSO SD CADETE 2 (Asier e Hugo Fernández)

Categoría infantil
Amigable (xoves 5): ED XUVENTUDE DE OROSO (cadete) 3 - INFANTIL 1 (Álvaro Gómez)

División de Honra, 18ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Alejandro Astray e Lucas Albor) - ESCOLA DE FÚTBOL DSF 2

Categoría alevín
Primera Futgal A Coruña, 18ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 1 - ALEVÍN A 4 (Saúl Cancela, Enzo Fernández, Yago Prieto e Adrián Liñares)
Primera Futgal A Coruña, 18ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 15 (Mateo Pastorín -3-, Manu Parada -2-, César Leira -2-, David Santiago -2-, Nico Castro -2-, Pablo Martelo, Martín Coronel, Pablo Couso e Pablo Gómez) - SPORTING MEICENDE 0

Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 18ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 1 - BENXAMÍN A 7 (Tomás Sánchez -2-, Hugo Cancela -2-, Nico Mariño, Pablo Campanero e Anxo Curros)
Primera Futgal A Coruña, 18ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Álex Martínez -3-, Izan Mallón, Óscar Lijo e Anxo Fernández) - SILVA SD 1