RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA dun intenso sábado e calendario para mañá domingo

O calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA para esta fin de semana deixou unha intensa xornada de fútbol hoxe sábado en Abegondo.

O Fabril volveu ao grande á competición despois do parón do pasado a consecuencia dos compromisos da Selección Galega na Fase Intermedia da Copa dás Rexións UEFA. Os pupilos de Óscar Gilsanz, instalados no grupo de cabeza, impuxéronse ao CSD Arzúa, tamén da zona alta por un rotundo 4-0.

A esa mesma hora, o filial feminino, líder en solitario da Primeira Nacional, mediuse na Cidade Deportiva ao Real Avilés CF. As pupilas de Kevin, con moitas futbolistas con minutos de xogo en amigables e en partidos oficiais no primeiro equipo de Primera Federación FutFem, están a protagonizar un gran arranque de temporada.  Un gol de Lucía Rivas tombou (1-0) ás asturianas e permite ao Dépor ABANCA B seguir á fronte do grupo.

Ademais, hoxe sábado o Cadete dobregou ao Viveiro CF (3-1), o Infantil ao CD Areosa (3-0) e o Orzán SD Cadete Feminino ao Bergantiños CF (10-0). 

E fóra de casa, o Xuvenil B visitou ao Atlético Coruña Montañeros CF (1-1), o Orzán SD Infantil Feminino ao UC Cee (1-4) e o San Tirso SD Infantil ao EF Denis Suárez (0-1).

Na xornada de mañá domingo destaca o partido do Xuvenil A en Abegondo ás 12:00 ante o Arosa SC. Os pupilos de Manuel Pablo chegan ao partido na zona alta da táboa e despois de golear á SD Compostela (1-7) a pasada fin de semana.

Tamén na xornada dominical, o San Tirso SD Cadete recibe en O Monte (10:30) ao Ural Español CF e o Orzán SD Cadete B Feminino de Segunda Autonómica na Torre (16:00) ao Atlético San Pedro.

Pecha a fin de semana en #ANOSACANTEIRA o choque do Orzán SD Xuvenil Feminino en Tordoia (17:00), na Primeira Autonómica.

Finalmente continuaron con amigables os fabrilistas alevíns e benxamíns, despois do Torneo de Lalín do Alevín A e Benxamín A disputado o pasado mércores.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF

5ª xornada: FABRIL 4 (Mario Nájera -2- e Martín Ochoa -2-) - CSD ARZÚA 0

Categoría feminina

Primeira Nacional, 6ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 1 (Lucía Rivas) - REAL AVILÉS CF 0

Primeira Autonómica, 6ª xornada: SD TORDOIA - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, mañá domingo 16 de outubro ás 17:00 na Rega (Tordoia)

Segunda División Autonómica, subgrupo 1º, 3ª xornada: ORZÁN SD CADETE B FEMININO - ATLÉTICO SAN PEDRO, mañá domingo 16 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 1)

Liga Galega cadete, subgrupo A, 2ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMININO 10 (Lucía González -2-, Emma Gandoy -2-, Paula Martínez, Candela González, Ánxela Prado -3- e Candela Fernández) - BERGANTIÑOS CF 0

Liga Galega infantil, subgrupo A, 2ª xornada: UC CEE 1 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 4 (Sofía Rodríguez -2-, Naiara Fontenla e Jimena Allegue)

Categoría xuvenil

División de Honra, 6ª xornada: XUVENIL A - AROUSA SC, mañá domingo 16 de outubro  as 12:00 en Abegondo

Liga Nacional, 6ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - XUVENIL B 1 (Jacobo)

Categoría cadete

División de Honra, 7ª xornada: CADETE 3 (André, Rubén e Nico Ruiz) - VIVEIRO CF 1

División de Honra, 7ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - URAL ESPAÑOL CF, mañá domingo 16 de outubro ás 10:30 en O Monte

Categoría infantil

División de Honra, 5ª xornada: INFANTIL 3 (Antón, Nico e Mauro) - CD AREOSA 0

División de Honra, 5ª xornada: EF DENIS SUÁREZ 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Pablo Vara)

Categoría alevín

Amigable: FABRIL FC ALEVÍN 1 (Álvaro Gómez) - URAL ESPAÑOL CF 4

Categoría benxamín

Amigable: ATLÉTICO CLUB PERILLO 7 - FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Mateo Songo'o, Mateo Cardelle, Álex Casado e Diego Castelo)