Xornada reducida en ANOSACANTEIRA con descanso para os dous equipos cadetes e os dous infantís debido aos compromisos da selección galega sub-14 e sub-16 na Primera Fase do Campionato de España en Poio (Pontevedra).
Estiveron convocados pola selección española sub-16 os deportivistas Anxo Castro, Nikolay, Raúl Lema e Yerobe; ademais de Antón Vilariño, Carlos Ernau e Hugo Ferreirós do San Tirso SD Cadete.
E na sub-14 formaron os branquiazuis Julen Díaz, Enzo Pose, Hugo Macedo e Santiago Matías; con Martín Brandón e Xiao Fontao do San Tirso SD Infantil.
Iso si houbo amigable para o Infantil, líder da División de Honra con 21 puntos, este mércores 29 de outubro nas Eiroas co Bergantiños CF B cadete (3-6); e para o San Tirso SD Infantil, 4º clasificado con 14 puntos, este venres 31 de outubro en Ponte dos Brozos fronte ao Atlético Arteixo (2-1).
En canto ao resto da xornada, o Fabril caeu por 2-1 co UD Ourense este sábado 1 de novembro no Couto.
Os fabrilistas encadean así a súa segunda derrota consecutiva e quedan con 19 puntos na zona alta da táboa.
Tamén este sábado 1 o Xuvenil A mediuse na Cheda ao CD Lugo (1-1), o Alevín A (na foto entre o texto) ao Sporting Cambre no campo Dani Mallo (0-6) e o Benxamín A ao Olímpico CF en Vilaboa (0-12).
Como locais, o Fabril FC Alevín (na foto inferior) non puido co Atlético Coruña Montañeros CF (1-2) e o Fabril FC Benxamín co CD Calasanz (2-4).
Para este domingo 2 de novembro quedou unicamente un partido, o do Xuvenil B (na foto principal da noticia) en Os Remedios ante o Pabellón Ourense CF (2-5), correspondente á 9ª xornada na Liga Nacional.
Os pupilos de Dani Xelo marchan en 2ª posición con 25 puntos, a 2 puntos do liderado.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Segunda Federación
9ª xornada: UD OURENSE 2 - FABRIL 1 (Nájera)
Categoría xuvenil
División de Honra, 7ª xornada: CD LUGO 1 - XUVENIL A 1 (Lucas Castro)
Liga Nacional, 9ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF 2 - XUVENIL B 5 (Nico -2-, Rubén, Borja e Roi)
Categoría infantil
Amigable (mércores 29 de outubro): BERGANTIÑOS CF B (cadete) 3 - INFANTIL 6 (Aritz, Martín -2-, Uxío -2- e Jorge)
Amigable (venres 31 de outubro): ATLÉTICO ARTEIXO 2 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Lucas Albor)
Categoría alevín
Primera Futgal A Coruña, 6ª xornada: SPORTING CAMBRE 0 - ALEVÍN A 6 (Diego Castelo -2-, Enzo Fernández -2-, Andrés Valencia e Saúl Cancela)
Primera Futgal A Coruña, 6ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 1 (Pablo Martelo) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2
Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 6ª xornada: OLÍMPICO CF 0 - BENXAMÍN A 12 (Fabio Álvarez -3-, Pablo Campanero -3-, Xosé Varela -2-, Mateo Ramos, Tomás Sánchez, Manu López e Hugo Cancela)
Primera Futgal A Coruña, 6ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Jaime Fraga e Álex Martínez) - CD CALASANZ 4
