RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con cara este domingo para o Dépor ABANCA B e cruz para o Orzán SD Xuvenil

No calendario de ANOSACANTEIRA feminina destacou o partido do Deportivo ABANCA B, que venceu por 4-1 ao Atlético de Madrid C este domingo 21 de setembro no campo de herba sintética de Abegondo.

Con este resultado, As Nosas suman 7 puntos situados na zona alta da táboa.

Tamén arrincou a liga o Orzán SD Sub-21 en Tercera Federación. As orzanistas caeron por 4-0 ante o RC Celta B no seu primeiro choque ligueiro. Os 4 tantos célticos chegaron nos primeiros 33 minutos de partido.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Sub-21 mídese na Torre ao EFM Concello de Boiro.

Ademais do partido do Dépor ABANCA B deste domingo, o Orzán SD Xuvenil caeu por 2-7 na ante o Atlético San Pedro no inicio de liga en Primera Autonómica.

As orzanistas adiantáronse con dous goles nos primeiros 23 minutos pero non puideron manter a súa vantaxe.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
3ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 4 (Carmen, Laura Otero, Michi Apóstol e Laura Ruiz) - ATLÉTICO DE MADRID C 1

Tercera Federación
1ª xornada: RC CELTA B 4 - ORZÁN SD SUB-21 0

Primera Autonómica
1ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 2 (Carmen Couto e Azucena Fidalgo) - ATLÉTICO SAN PEDRO 7