Xornada reducida en ANOSACANTEIRA feminina posto que houbo parón ligueiro esta fin de semana para o Orzán SD Sub-21 en Tercera Federación e para os dous equipos infantís na Liga Galega.
Se a pasada fin de semana o Dépor ABANCA visitaba ao Madrid CFF en Liga F, a quenda este domingo 15 foi para os filiais, nesta ocasión no Estadio Antiguo Canódromo.
Houbo táboas no marcador (2-2) nun partido de alternativas. Jenny Corros e Carmen foron as goleadoras deportivistas.
Ademais, as canteirás Redru e Lucía Rivas incorpóranse este luns 16 a uns adestramentos coa selección española sub-19 na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.
Completou a xornada do domingo 15 o triunfo do Orzán SD Xuvenil ante a SCD Pastoriza (0-1) que permite ás orzanistas sumar 13 puntos e saír dos postos de perigo da Primera Autonómica.
Este sábado 14 xogouse un único encontro: o Orzán SD Cadete, líder do grupo 1º da Liga Galega, gañou en San Pedro de Visma 1 (4-0) ao Sporting Cambre.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Segunda Federación
18ª xornada: MADRID CFF B 2 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Jenny Corros e Carmen)
Primera Autonómica
18ª xornada: SCD PASTORIZA 0 - ORZÁN SD XUVENIL 1 (Carmen Couto)
Liga Galega cadete
16ª xornada: ORZÁN SD CADETE 4 (Lorena Anastase, Alba García -2- e Aldara Ferreira) - SPORTING CAMBRE 0
