RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA hoxe mércores e calendario de mañá xoves, con amigables dos dous equipos cadetes

Varios equipos de #ANOSACANTEIRA tiveron xornada ligueira hoxe mércores 1 de novembro, día festivo.

Mañá xoves 2 de novembro teñen cita amigable os dous equipos cadetes, sen liga a próxima fin de semana: o Cadete en Meicende (19:15) e o San Tirso SD Cadete en Cambre (20:00).

De todos os partidos xogados sobresaíu o encontro en Abegondo entre o Xuvenil B, líder da liga Nacional, ante o Bergantiños CF.

Venceron os branquiazuis (4-2) ante un rival que foi capaz de igualar por dúas veces o marcador.

Tamén xogaron o Orzán SD B sub-16 Femenino en Lugo ante o SDC San Roque (1-0) e o Orzán SD Infantil B Femenino en Santiago ante o Victoria FC (6-0).

O partido entre o Orzán SD Cadete Femenino e a SCD Pastoriza, previsto para esta tarde na Torre, foi suspendido polo temporal; e o Orzán SD Infantil A Femenino descansa ao tocarlle nesta xornada o Sofán SD, equipo retirado da competición.

Así mesmo, os dous equipos alevíns e o Benxamín A venceron na 2ª xornada na Primera A Coruña de fútbol 8, partido que disputou e tamén gañou (0-2) no seu grupo o pasado luns o Fabril FC Benxamín, concretamente no Monte ante o San Tirso SD.

Finalmente, os cadetes branquiazuis Janusz, Pablo García, Nico Ruiz, Miguel de Labra, Leandro e Rodrigo; ademais de Samba e Gael do San Tirso SD participarán hoxe nun adestramento da selección galega sub-16 no Novo Municipal da Estrada.

E os infantís deportivistas Sergio Cortizo, Raúl, Esteban Ruiz e Nikolay; aos que hai que sumar a Antón Vilariño e Hugo Ferreiro do San Tirso SD, estiveron coa selección galega sub-14 no Novo Municipal da Estrada.

Os resultados de hoxe mércores foron os seguintes:

Categoría feminina
Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 7ª xornada: SDC SAN ROQUE 1 - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO 0

Liga Galega, subgrupo 1º, 7ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO - SCD PASTORIZA, suspendido

Liga Galega, subgrupo 1º, 7ª xornada: VICTORIA FC 6 - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 0

Categoría xuvenil
Liga Nacional, 9ª xornada: XUVENIL B 4 (Rubén -2-, Lucas e Héctor) - BERGANTIÑOS CF 2

Categoría cadete
Amigable: SPORTING MEICENDE (xuvenil) - CADETE, mañá xoves 2 de novembro ás 19:15 en Meicende

Amigable: SPORTING CAMBRE (xuvenil) - SAN TIRSO SD CADETE, mañá xoves 2 de novembro ás 20:00 no campo Dani Mallo (Cambre)

Categoría alevín
Primeira A Coruña, subgrupo 1º, 2ª xornada: ALEVÍN A 7 (David Gómez -3-, Álvaro Gómez, Sergio Fernández, Hugo Macedo e Jorge Fernández) - SILVA SD 0

Primeira A Coruña, subgrupo 1º, 2ª xornada: CD CALASANZ 1 - FABRIL FC ALEVÍN 4 (Íker Ferreiro, Hugo Álvarez, Nico Rodríguez e Miguel Candal)

Categoría benjamín
Primeira A Coruña, subgrupo 1º, 2ª xornada: OZA JUVENIL SD 0 - BENXAMÍN A 12 (Alberto Novo -4-, Álex Casado -2-, Mateo Cardelle -2-, Antón Fernández -2-, Leo Lorenzo e Diego Castelo)

Primeira A Coruña, subgrupo 2º, 2ª xornada, luns 31 de outubro: SAN TIRSO SD 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Joel Losada e Martín Coronel)