RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario mañá domingo, con derbi coruñés para o Fabril en Abegondo

A fin de semana en #ANOSACANTEIRA ten o seu epicentro mañá domingo ao mediodía.

En Abegondo (12:00), o Fabril recibe ao Silva SD no derbi coruñés da categoría.

Despois dunha fin de semana de descanso ligueiro, os fabrilistas regresan á competición encarando unha semana máis no máis alto da táboa, pero con varios dos seus integrantes estes días en dinámica do primeiro equipo polas lesións no cadro de Óscar Cano.

Esta circunstancia motivou o debut en partido oficial (o sábado pasado en Copa do Rei en Guijuelo) co Deportivo de Dani Barcia e Ángel Puerto. Tamén xogou ao longo do choque Brais Val pero non así Nájera, que quedou no banco.

Ante o Silva SD, Óscar Gilsanz non poderá contar precisamente con Dani Barcia, citado polo Deportivo para o choque ante a Cultural Leonesa, pero si con Brais Val e Puerto, que se adestraron boa parte da semana, incluído hoxe sábado, co primeiro equipo. Completan a convocatoria: Brais Suárez, Hugo Ríos, Currás, Marcel, Iano Simão, Fito, Álex Pereira, Jairo, Barba, Marc, Nájera, Iván, Diego Gómez, Iñaki, Jesús Ares e Kevin.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con control de accesos á Cidade Deportiva.

Todo o público debe retirar entrada, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional para todas as persoas socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir o seu ID de socio e 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada. Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única persoa pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición, localización e aforamento na instalación. O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aquelas persoas socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completada a repartición do aforamento nun proceso 100% telemático.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Tamén no máis alto de Primeira Nacional está o Deportivo ABANCA B, que visita ás 12:30 ao Lóstrego CF, un dos equipos da zona nobre da táboa.

As branquiazuis móstranse sólidas en Abegondo e fiables a domicilio, onde cultivaron no que vai de liga 1 empate (na 1ª xornada ante o Victoria CF) e 2 vitorias.

Kevin Cabado citou a Nuria Gómez, Reigosa, Paula Novo, María Calvo, Lucía Couto, Elena López 'Cusi', Uxía Cabada, Carmen Carballada, Laura Testa, Paula Monteagudo, Marta Rico, Tati, Noela e Laura Otero; ademais de Elena Vázquez, Abril Pazos e Lucía Rivas, todas elas cadetes do Orzán SD.

Ademais, o Orzán SD Xuvenil Feminino mídese na Torre (16:00) ao CD Lugo. Fóra, o Xuvenil A visita ao Coruxo FC (12:00 en Fragoselo, Vigo) e o Orzán SD Cadete B Feminino ao Unión Campestre FC (18:15 no Redondo, Montrove).

No equipo de Manuel Pablo a novidade é o porteiro guatemalteco Xabi Fernández na súa segunda citación despois da súa incorporación a #ANOSACANTEIRA.

Hoxe sábado 19, ademais dos triunfos dos alevíns e o Benxamín A na Torre, o Orzán SD Cadete Feminino gañou ao CF Noia (8-0) e o Orzán SD Infantil Feminino ao AD Cristo Rey (11-0). Fóra de casa, o Xuvenil B impúxose ao UD Ourense en Coles (1-2).

O empate (0-0) do Cadete branquiazul, sen competición ligueira esta semana, nun amigable ante o Atlético Arteixo de categoría xuvenil abriu o pasado mércores o calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA.

O conxunto branquiazul celebra a citación de José Rey pola selección española sub-16 para o Torneo Internacional Albir Garden na localidade alacantina de Alfaz del Pí, do mércores 23 ao domingo 27 deste mes.

O atacante deportivista incorporarase á concentración de España este próximo luns 21 de novembro e emprenderá viaxe de regreso o domingo 27.

Esta semana non compiten os dous equipos cadetes e os dous infantís debido á participación da Selección Galega na primeira fase do Campionato de España; ademais do Fabril FC Benxamín, ao que lle toca descansar nesta xornada no subgrupo 1º de Primeira A Coruña - As Mariñas.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
9ª xornada: FABRIL - SILVA SD, o domingo 20 de novembro ás 12:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Nacional, 10ª xornada: LÓSTREGO CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 20 de novembro ás 12:30 no campo da Gándara (Chaín, Gondomar)

Primeira Autonómica, 11ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO - CD LUGO, o domingo 20 de novembro ás 16:00 na Torre (campo 1)

Liga Galega, subgrupo A, 7ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMININO 8 (Ánxela Prado -3-, Candela Fernández -3-, Lucía González e Valeria Montero) - CF NOIA 0

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 7ª xornada: UNIÓN CAMPESTRE FC - ORZÁN SD CADETE B FEMININO, o domingo 20 de novembro ás 18:15 no campo de fútbol do Redondo (Montrove)

Liga Galega, subgrupo A, 6ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 11 (Naiara Fontenla -5-, Marta Moreno -2-, Martina Vázquez -2-, Eva Ouro e Jimena Allegue) - AD CRISTO REY 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 11ª xornada: CORUXO FC - XUVENIL A, o domingo 20 de novembro ás 12:00 en Fragoselo (Coruxo, Vigo)

Liga Nacional, 11ª xornada: UD OURENSE 1 - XUVENIL B 2 (Samuel e Carlos)

Categoría cadete
Amigable: ATLETICO ARTEIXO (xuvenil) 0 - CADETE 0

Categoría alevín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 3ª xornada: ALEVÍN A 3 (Iker Obeso -2- e Manu Alcázar) - URAL ESPAÑOL CF 1

Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 2º, 3ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 4 (David Gómez -2-, Hugo Macedo e Iván Gil) - ATLÉTICO ARTEIXO 2

Categoría benxamín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 3ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0 - BENXAMÍN A 8 (Alejandro Astray -3-, Pablo Sánchez -2-, Hugo Bujía, Xiao Fontao e Mateo Carballeira)