Con parón ligueiro na Liga Galega, un amigable do Infantil en Arteixo o pasado xoves ante o Atlético Arteixo de categoría cadete abriu (1-3) o calendario de partidos desta semana en #ANOSACANTEIRA.
Onte á noite, o Xuvenil B deixouse os seus dous primeiros puntos na Liga Nacional ante o Bergantiños CF nas Eiroas (1-1), en partido correspondente á 7ª xornada. O único tanto deportivista foi obra de Álex Delgado á media hora de xogo. Os locais igualaron no tramo final do encontro.
En canto ao resto de equipos, o Xuvenil A tamén adiantou o seu partido ligueiro en Abegondo co obxecto de ter máis tempo de descanso de cara ao encontro de ida da segunda eliminatoria da UEFA Youth League ante o Maccabi Haifa FC en ABANCA-RIAZOR do mércores 3 de novembro ás 20:00.
O triunfo ante o CD Marina Sport foi dos pupilos de Manuel Pablo (3-0), grazas aos goles de Pablo Trigo, Quique Teijo e Diego. Este marcador permite ao Xuvenil A manter o pulso co RC Celta polo liderado da División de Honra.
Tamén xogou, e gañou, en Abegondo hoxe sábado o Cadete, que se impuxo (3-0) ao Ural Español CF empolicado todo o máis alto do subgrupo A da División de Honra.
Para mañá domingo ás 12:00 no campo 5 queda o choque do Deportivo ABANCA B ante o Sárdoma CF, un rival directo nos postos altos da táboa de Primeira Nacional.
Kevin Cabado ten a baixa de Aroa Guerra, convocada polo primeiro equipo para o seu partido no Estadio Mundial 82 fronte ao DUX Logroño. Ademais, está lesionada Marta Rico.
A convocatoria do Deportivo ABANCA B está formada por estas xogadoras: Nuria Gómez, Reigosa, Aroa González, Paula Novo, María Calvo, Ansede, Uxía Cabada, Eva Santamaría, Laura Testa, Elena López 'Cusi', Paula Monteagudo, Carmen Carballada, Trillo, Marta Méndez, Noela, Tati e Laura Otero (cadete do Orzán SD).
Lonxe da Cidade Deportiva e tamén mañá domingo será a quenda do Fabril en Ponteareas (17:30) fronte a un recentemente ascendido que se instalou na zona alta da clasificación.
A novidade no filial masculino é a presenza da súa nova incorporación, Iano Simo da Silva (2 de febreiro de 1999, Guinea Bissau), un extremo dereito que a pasada campaña militou no CD Choco e que leva varios días exercitándose en Abegondo cos seus novos compañeiros.
Completan a citación estes xogadores: Alberto, Hugo Ríos, Iván Guerrero, José Currás, Juan Rodríguez, Dani Barcia, David Suárez, Brais Val, Javi Sanmartín, Mario, Barba, Fabio, Nájera, Runy, Yeremay, Mella, Juan Cambón e Davo.
Pola súa banda, a Federación Galega prohibiu de maneira definitiva ao Orzán SD Cadete Feminino a súa participación na Segunda División Galega. Así pois, o cadro orzanista xogará unicamente na Liga Galega Cadete cuxo partido esta tarde en Velle (Ourense) saldou con vitoria pola mínima (0-1).
Ademais arrancou a competición na Liga Galega Infantil o Orzán SD Infantil Feminino. Derrotou (7-1) no campo Víctor Fernández Alonso ao Xuventude de Crendes CF na 2ª xornada, posto que na inaugural tocoulle descanso.
Finalmente, continúan en pretemporada os dous equipos alevíns e os dous benxamíns do Dépor, con amigables hoxe sábado en Abegondo e As Eiroas (Carballo).
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Terceira RFEF
9ª xornada: SD JUVENIL PONTEAREAS - FABRIL, o domingo 31 de outubro ás 17:30 no Municipal de Pardellas (Ponteareas)
Categoría feminina
Primeira Nacional, 7ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - SÁRDOMA CF, o domingo 31 de outubro ás 12:00 en Abegondo (campo 5)
Primeira División Galega, subgrupo A, 4ª xornada: SD ANTAS - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o domingo 31 de outubro ás 17:30 no Municipal Castro Seoane (Antas de Ulla)
Liga Galega Cadete, 2ª xornada: EF FEMENINO ROSALÍA 0 - ORZÁN SD CADETE FEMININO 1 (Antía García)
Liga Galega Infantil, grupo 1º, 2ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 7 (Alba Monteserín, Sofía Rodríguez -2-, Alexia Freire, Irene Míguez e Lola Nieto -2-) - XUVENTUDE DE CRENDES CF 1
Categoría xuvenil
División de Honra, 9ª xornada: XUVENIL A 3 (Pablo Trigo, Quique Teijo e Diego) - CD MARINA SPORT 0
Liga Nacional, 7ª xornada: BERGANTIÑOS CF 1 - XUVENIL B 1 (Álex Delgado)
Categoría cadete
División de Honra, 5ª xornada: CADETE 3 (Jorge García, Manu Ferreiro e Pablo Parada) - URAL ESPAÑOL CF 0
Categoría infantil
Amigable: ATLÉTICO ARTEIXO (cadete) 1 - INFANTIL 3 (Marcos -2- e Janusz)
Categoría alevín
Amigable: EF LUIS CALVO 2 - ALEVÍN A 1 (Iago Lameiro)
Amigable: FABRIL FC ALEVÍN 7 (Íker Obeso -2-, Thiago Montes -2-, Mario González -2- e Nico Torres) - VICTORIA CF 1
Categoría benxamín
Amigable: EF LUIS CALVO 0 - BENXAMÍN A 8 (Iván Gil -2-, Álvaro Gómez -2-, Martín López -2-, Hugo Pousa e Nacho)
Amigable: FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Hugo Quintela e Mateo) - SDCR NARÓN O FREIXO 4



