RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

Mañá domingo 9 de xaneiro xóganse dous partidos na Cidade Deportiva.

Ás 12:00 (campo principal), o Xuvenil A recibe ao Bansander na pelexa do conxunto de Manuel Pablo polo liderado da División de Honra. O horario coincide co do primeiro equipo en ABANCA-RIAZOR fronte ao CF Talavera, pero os cántabros, con todo organizado para viaxar a esa hora, non deron o visto e prace a un cambio de hora e/ou de día.

Pola tarde, ás 16:30 no campo 5, regresa á competición o Deportivo ABANCA B no grupo 1º de Primeira Nacional. As pupilas de Kevin Cabado non compiten desde o pasado 12 de decembro, no que si exhibiron un enorme potencial ofensivo (7-0 ao Umia CF), que será necesario para tentar tombar áo poderoso Viaxes InterRías FF, líder da competición.

A convocatoria está formada por estas xogadoras: Nuria, Martina (cadete do Orzán SD), María Calvo, Ansede, Aroa González, Elena López 'Cusi', Celia (xuvenil do Orzán SD), Laura Testa, Marta Rico, Paula Monteagudo, Carmen Carballada, Tati, Iria Otero (xuvenil do Orzán SD), Trillo, Noela e Laura Otero (cadete do Orzán SD).

En canto ao resto de categorías, o choque do Cadete da División de Honra ante o Atlético Coruña Montañeros CF, previsto para hoxe sábado, foi aprazado por COVID-19 no vestiario deportivista.

Ademais, o Xuvenil B, con Miguel Figueira á fronte do equipo en substitución dun Alejandro Antón incorporado ao staff técnico de Borja Jiménez, impúxose (3-0) ao Arosa SC nesta primeira cita do ano novo. Os branquiazuis seguen á caza do liderado da liga Nacional.

Lonxe de Abegondo, ademais dos alevíns e benxamíns na Torre, só xogou hoxe (1-5) no campo coruñés Víctor Fernández Alonso o Infantil ante o Ural Español CF. Alberto Suárez, até agora no Alevín A, fíxose cargo do equipo por Miguel Figueira. Os branquiazuis gañaron (1-5) e marchan líderes destacados do subgrupo B norte da liga Galega.

O primeiro partido oficial para #ANOSACANTEIRA este ano 2022, o do Fabril do pasado xoves 6 de xaneiro na Cidade Deportiva ante o Atlético Arnoia, foi aprazado polo Xuíz Único de Competición da Federación Galega de Fútbol debido a COVID-19 no vestiario do filial deportivista. O encontro corresponde á 14ª xornada xa foi aprazado o pasado 5 de decembro por un caso de COVID-19 aquela vez no equipo ourensán. Segundo dita a resolución do Xuíz Único, o choque xogarase "nunha data o máis próxima posible no tempo, que se determinará axiña que como se acrediten todas as circunstancias que permitan a disputa do mesmo". Así mesmo, e por esta mesma circunstancia, tamén foi aprazado o choque correspondente á 18ª xornada do Fabril na Magdalena ante o Racing Villalbés, que se ía a disputar mañá domingo 9 de xaneiro ás 16:00 horas. A Federación confirmou tamén a suspensión de toda a xornada.

Tócalle descanso nesta primeira xornada do ano 2022 ao Orzán SD Xuvenil Feminino.

Quedan sen arrincar a liga Galega Cadete Feminina e a liga Galega Infantil Feminina, nas que compiten o Orzán SD Feminino.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
14ª xornada: FABRIL - ATLÉTICO ARNOIA, aprazado
18ª xornada: RACING VILLALBÉS - FABRIL, aprazado

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 14ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VIAXES INTERRÍAS FF, o domingo 9 de xaneiro ás 16:30 en Abegondo (campo 5)

Categoría xuvenil
División de Honra, 17ª xornada: XUVENIL A - BANSANDER o domingo 9 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo (campo 1)

Liga Nacional, 15ª xornada: XUVENIL B 3 (Kevin -2- e Ogando) - AROUSA SC 0

Categoría cadete
División de Honra, subgrupo A, 13ª xornada: CADETE - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, aprazado

Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B norte, 12ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 1 - INFANTIL 5 (Rubén, Diego -2-, Janusz e Borja)

Categoría alevín
Primeira A Coruña, subgrupo A, 3ª xornada: ALEVÍN A 9 (Pablo Vara -2-, Iago Lameiro -2-, Raúl -2-, Martín Forján -2- e Pablo Somoza) - IMPERÁTOR OAR 0

Primeira A Coruña, subgrupo B, 3ª xornada: CD CALASANZ 1 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Thiago Montes)

Categoría benxamín
Primeira A Coruña, subgrupo A, 3ª xornada: BENXAMÍN A 8 (Jorge Fernández -3-, Martín -2-, David Gómez, Álvaro Gómez e Nacho Villanueva) - CF DEPORTIVO ORZÁN 0

Primeira A Coruña, subgrupo A, 3ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Thiago López -2-, Miguel Candal -2-, Álvaro Rodríguez e Mateo Carballeira)