Mañá domingo xóganse catro partidos en #ANOSACANTEIRA.
O Fabril mídese (17:00 horas) no campo Alcalde Manuel Candocia ao UD Somozas, un dos 'fanfurriñeiros' da Tercera RFEF.
Óscar Gilsanz non poderá contar con David Mella, concentrado coa selección española sub-17 para o Minitorneo Elite do Campionato de Europa que arrincou o mércores en Bosnia Herzegovina; nin con Iván Guerrero e Yeremay, citados polo primeiro equipo para o seu partido en Vigo.
Os convocados son os seguintes: Alberto, Brais Suárez, José Currás, Iano Simão, Juan Rodríguez, David Suárez, Brais Val, Javi Sanmartín, Mario Rodríguez, Barba, Fabio, Runy, Víctor, Juan Cambón, Davo, Nacho, Nájera e Jairo.
Tamén fóra de casa, ás 12:00, xoga o Xuvenil A en Cantabria ante o CD Marina Sport en División de Honra; e o Alevín en Ferrol no Trofeo Conservas Calvo de fútbol once.
O único partido en Abegondo, tamén ás 12:00, é o de Primeira Nacional entre o Deportivo ABANCA B e o Gijón FF.
Óscar Orro, técnico do Orzán SD Infantil Feminino, dirixirá ao equipo branquiazul en substitución de Kevin Cabado, á fronte do Dépor ABANCA en Sant Joan Despí no choque de Reto Iberdrola ante o FC Levante Las Planas.
As convocadas son: Martina, Uxía Rabuñal, Andrea Ansede, María Calvo, Uxía Cabada, Elena López 'Cusi', Lucía Mariño, Celia, Laura Testa, Marta Rico, Carmen Carballada, Mar Sierra, Abril Pazos, Trillo, Noela, Tati, Laura Otero e Marta Méndez.
Causan baixa Aroa Guerra, Paula Novo e Paula Monteagudo, citadas polo primeiro equipo; ademais de Nuria Gómez, lesionada.
Hoxe sábado, o Cadete arrancou (2-0) na Cidade Deportiva ante o Pabellón Ourense CF a Segunda Fase polo Título da División de Honra.
O formato é de liga a dobre volta pero só contra os catro equipos clasificados do subgrupo B: RC Celta, CD Conxo Santiago, ED Val Miñor Nigrán e Pabellón Ourense Cf.
Os primeiros de cada subgrupo da Primeira Fase, Dépor no A e RC Celta no B, arrancaron esta segunda parte da competición con cinco puntos; os segundos con tres; os terceiros con dous; e os cuartos clasificados cun punto. Ao concluír, os catro primeiros xogarán as semifinais, a partido único en casa do mellor clasificado. A final será nunha sede que ditaminará a Federación Galega.
O Orzán SD Cadete Feminino acabou a primeira fase da Liga Galega Cadete en segunda posición. As orzanistas chegaban a esta última xornada como segundas na táboa con 40 puntos por 41 puntos do Victoria CF. Impuxéronse (3-0) ao Sporting Club San Mateo, pechacancelas da categoría; pero as blanquinegras tamén gañaron o seu partido ante o Sárdoma CF.
Agora, os catro primeiros pelexarán polo título nunha segunda fase que será polo sistema de eliminatoria a dobre partido: o primeiro contra o cuarto (Victoria CF contra o Sárdoma CF) e o segundo contra o terceiro (Orzán SD Cadete Feminino ante o Lóstrego CF). Os dous equipos vencedores xogarán a gran final.
E ademais dos benxamíns na Torre e do Fabril FC Alevín en Sada, o Xuvenil B empatou en Redondela (1-1) co CD Choco após acabar sexto a pasada fin de semana no prestixioso Torneo do Algarve; e o Orzán SD Xuvenil Feminino gañou (0-3) ao PM Friol B na loita por evitar o descenso de Primeira División Galega.
Tres triunfos serviron de preámbulo desde o pasado mércores á xornada da fin de semana.
O Deportivo ABANCA B gañou (1-3) en León ao CD Olímpico de León e suma 38 puntos na quinta posición.
A Federación Española, co obxectivo de "preservar o normal desenvolvemento da competición", decidiu adiantar "á primeira data dispoñible" o partido aprazado no seu día correspondente á 17ª xornada entre os dous equipos. Así, en lugar do mércores 13 de abril, como estaba inicialmente previsto polo órgano federativo, o encontro celebrouse o pasado mércores 23 de marzo.
O xoves, o Alevín A derrotou pola mínima (0-1) ao San Tirso SD con motivo da 3ª xornada no subgrupo 1º da Segunda Fase A Coruña.
E onte venres xogouse o choque do Infantil en Abegondo ante o Racing de Ferrol (5-0) na última xornada do subgrupo B norte da Liga Galega. Os branquiazuis son xa campións desde fai varias xornadas, á espera da segunda parte da temporada.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Terceira RFEF
29ª xornada: UD SOMOZAS - FABRIL, o domingo 27 de marzo ás 17:00 no campo Manuel Candocia (As Somozas)
Categoría feminina
Primeira Nacional, 17ª xornada: CD OLÍMPICO DE LEÓN 1 DEPORTIVO ABANCA B 3 (Marta Rico -2- e María Calvo)
Primeira Nacional, 23ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - GIJÓN FF, o domingo 27 de marzo ás 12:00 en Abegondo
Fase de Descenso de Primeira División, subgrupo 1º, 2ª xornada: PM FRIOL B 0 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 3 (Lucía Rivas, Laura Santos e Valeria Filgueira)
Liga Galega Cadete, 18ª xornada (última): ORZÁN SD CADETE FEMININO 3 (Paula Sánchez e Daniela Basalo -2-) - SPORTING CLUB SAN MATEO 0
Fase polo Título Galego, 4ª xornada: VICTORIA FC 0 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 4 (Yanis Citoula, Ánxela Prado -2- e Emma Gandoy)
Categoría xuvenil
División de Honra, 26ª xornada: CD MARINA SPORT - XUVENIL A, o domingo 27 de marzo ás 12:00 no campo Soto de la Marina (Santa Cruz de Bezana)
Liga Nacional, 25ª xornada: CD CHOCO 1 - XUVENIL B 1 (Kevin)
Categoría cadete
Fase polo Título da División de Honra, 1ª xornada: CADETE 2 (Noé -2-) - PABELLÓN OURENSE 0
Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B norte, 22ª xornada (última): INFANTIL 5 (Diego -3-, Leandro e Íker Casuso) - RACING DE FERROL 0
Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, grupo norte, 4ª xornada: RACING DE FERROL - ALEVÍN, o domingo 27 de marzo ás 12:00 no campo de Aneiros (Ferrol)
Segunda Fase A Coruña, subgrupo 1º, 3ª xornada: SAN TIRSO SD 0 - ALEVÍN A 1 (Javi Seoane)
Segunda Fase A Coruña, subgrupo 2º, 3ª xornada: SADA CF 3 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Íker Obeso -2- e Nico)
Categoría benxamín
Primeira A Coruña, subgrupo A, 14ª xornada: VICTORIA CF A 1 - BENXAMÍN A 10 (David Gómez -2-, Hugo Luaces -2-, Martín López -3-, Álvaro Gómez, Nacho Villanueva e Brais Martínez)
Primeira A Coruña, subgrupo A, 14ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Thiago López, Hugo Bujía, Miguel Candal e Álvaro Rodríguez) - IMPERÁTOR OAR 4


