RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

O groso da xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA xogouse hoxe sábado 17 de decembro, cos partidos dos dous filiais como choques destacados.

O Fabril, líder de Terceira RFEF, visitaba ao Racing Villalbés. Os fabrilistas chegaban á Magdalena despois de encaixar a pasada fin de semana en Abegondo a súa primeira derrota da temporada ante o UD Somozas (0-1). Após un partido, último de 2022 e da primeira volta, igualado e que acabou sen goles (0-0), o equipo de Óscar Gilsanz proclamouse campión de inverno.

En Abegondo, o Dépor ABANCA B, á fronte da Primeira Nacional, goleou (10-0) ao CD Romanón, equipo que transita pola zona baixa da táboa.

Fóra da Cidade Deportiva competiron os dous equipos xuvenís con signo contrario: o de División de Honra gañou na Coruña (1-2) ao Ural Español CF e o de Liga Nacional caeu en Vigo (2-1) ante o RC Celta B en #ONOSODERBI da categoría, do mesmo xeito que o San Tirso SD Infantil (3-0) na súa visita ao Arosa SC na División de Honra.

Gañaron en casa o San Tirso SD Cadete (2-1) ao Pontevedra CF, o Orzán SD Cadete Feminino (12-1) á SD Xuventú de Aguiño e o Orzán SD Infantil Feminino (8-1) ao UC Cee.

A última xornada do ano para #ANOSACANTEIRA péchana mañá domingo 18 o Orzán SD Xuvenil Feminino na súa visita ao UD Mos B nas Baloutas (16:30) e o Orzán SD Cadete B Feminino de Segunda Autonómica en Elviña Grande (16:15) ante o SD O Val B.

Onte venres 16 disputáronse outros dous partidos en Abegondo con representación branquiazul: o Cadete gañou ao Arosa SC (5-1) no campo principal e o Infantil ao CD Conxo Santiago (8-0).

A semana arrincou o pasado martes. O Alevín A e o Fabril FC Alevín, líderes dos seus subgrupos, adiantaron en Abegondo os seus partidos correspondentes á 7ª xornada en Primeira A Coruña - As Mariñas para participar en dous torneos amigables en Cataluña, desde onte venres e até o martes 20.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
14ª xornada: RACING VILLALBÉS 0 - FABRIL 0

Categoría feminina
Primeira Nacional, 13ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 10 (Marta Rico -5-, Noela -2-, Tati, Carmen Carballada, Lucía Rivas e Laura Testa) - CD ROMANÓN 0

Primeira Autonómica, 14ª xornada: UD MOS B - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o domingo 18 de decembro ás 16:30 nas Baloutas (Mos)

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 10ª xornada: ORZÁN SD CADETE B FEMININO - SD O VAL B, o domingo 18 de decembro ás 16:15 en Elviña Grande

Liga Galega, subgrupo A, 10ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMININO 12 (Candela Fernández -2-, Emma Gandoy, Laura Santos, Ánxela Prado -4-, Valeria Montero -2-, Mica Baratelli e Daniela Basalo) - SD XUVENTÚ DE AGUIÑO 1

Liga Galega, subgrupo A, 9ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 8 (Sofía Rodríguez -5-, Naiara Fontenla, Sofía de la Viuda e Marta Moreno) - UC CEE 1

Categoría xuvenil
División de Honra, 15ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 1 - XUVENIL A 2 (Kevin e Carreira)

Liga Nacional, 15ª xornada: RC CELTA B 2 - XUVENIL B 1 (Noé)

Categoría cadete
División de Honra, 16ª xornada: CADETE 5 (Telmo, Nico Ruiz, Lucas, José Rey e Rubén) - AROUSA SC 1

División de Honra, 16ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 2 (Miguel de Labra e Janusz) - PONTEVEDRA CF 1

Categoría infantil
División de Honra, 13ª xornada: INFANTIL 8 (Borja -3-, Casuso -2-, Joel, Joaquín e un futbolista rival en propia porta) - CD CONXO SANTIAGO 0

División de Honra, 13ª xornada: AROUSA SC 3 - SAN TIRSO SD INFANTIL 0

Categoría alevín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 7ª xornada: VICTORIA CF 0 - ALEVÍN A 4 (Javi Barral -2-, Iker Obeso e Leo Sánchez)

XII edición do Tic Tac Cup, no Nou Municipal de Cornellá
Primeira Fase
Venres 16 de decembro
VALENCIA CF 1 - ALEVÍN A 1 (Manu Alcázar)
ALEVÍN A 2 (Leo Sánchez -2-) - FC ANDORRA 0

Sábado 17 de decembro
ALEVÍN A 1 (Thiago Montes) - GIRONA FC 0

Oitavos de final
ALEVÍN A 1 (Íker Obeso) - UE CORNELLÀ 1. A penaltis: 2-3

Fase de Consolación
ALEVÍN A 0 - PSG
ALEVÍN A 2 (Javi Barral e Daniel Alonso) - CF REUS 0

Domingo 18 de decembro

12:30: ALEVÍN A - RIVAL POR DETERMINAR

Christmas Spain Ibercup en Lloret de Mar
Primeira Fase
Luns 19 de decembro
09:00: ALEVÍN A - SANTOS EXPERIENCE (campo 1)
14:30: ALEVÍN A - AE BLANC i BLAVA (campo 2)
Martes 20 de decembro
17:35: LLORET CF - ALEVÍN A (campo 2)
En función de clasificación, os equipos quedarán emparellados en cuartos de final, que arrincarán o mércores 21 ás 09:00 horas.

Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 2º, 7ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 7 (Álvaro Gómez -5-, David Gómez e Hugo Pousa) - UD CARRAL 0

XII edición do Tic Tac Cup, no Nou Municipal de Cornellá
Primeira Fase
Venres 16 de decembro
FABRIL FC ALEVÍN 0 - NYXS DREAM TEAM 4
FC BARCELONA 4 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Álvaro Gómez)

Sábado 17 de decembro
SL BENFICA 2 - FABRIL FC ALEVÍN 2 (Álvaro Gómez e Iván Gil)

Fase de consolación

FABRIL FC ALEVÍN 0 - SAN CUGAT FC 1
FABRIL FC ALEVÍN 3 (Álvaro Gómez, Iván Gil e David Gómez) - CE MANRESA 0

Domingo 18 de decembro

09:30: FABRIL FC ALEVÍN - UE VIC

Christmas Spain Ibercup, en Lloret de Mar
Primeira Fase
Luns 19 de decembro
10:10: FLUMINENSE EXPERIENCE - FABRIL FC ALEVÍN (campo 2)
16:40: FABRIL FC ALEVÍN - AE BLANC i BLAVA (campo 2)
Martes 20 de decembro
17:35: LLORET CF - FABRIL FC ALEVÍN (campo 1)
En función de clasificación, os equipos quedarán emparellados en cuartos de final, que arrincarán o mércores 21 ás 09:00 horas.

Categoría benjamín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 7ª xornada: BENXAMÍN A 9 (Pablo Sánchez -2-, Miguel Candal -2-, Javi Meiriño -2-, Hugo Quintela, Alejandro Astray e Hugo Bujía) - VICTORIA CF 2

Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 7ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 14 (Mateo Songo'o -5-, Alberto Novo -3-, Leo Lorenzo -2-, Breogán Díaz -2-, Yago Prieto e Diego Castelo)