RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

Mañá domingo, ademais do partido de fútbol 8 do Alevín A ante o CF Deportivo Orzán (10:30, A Torre), último do subgrupo 1º de Primeira A Coruña - As Mariñas, ás 12:00 xogan os dous filiais en Abegondo.

O Fabril, con 4 finais por diante e 4 puntos de vantaxe sobre o Arosa SC, recibe (Youtube: RCDeportivo) ao UD Ourense, un equipo en praza de playoff de ascenso e que estará arroupado nas bancadas da Cidade Deportiva por polo menos un centenar de afeccionados.

Óscar Gilsanz recupera a Dani Barcia e Diego Gómez, que por lesión se perderon o partido en Redondela da pasada fin de semana. Completan a convocatoria: Brais Suárez, Hugo Ríos, Currás, Iano Simão, Fito, Puerto, Brais Val, Rubén, Jairo, Barba, Marc, Nájera, Iván, Mella, Martín Ochoa, Iñaki, Davo e Jesús Ares.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con control de accesos á Cidade Deportiva. Todo o público debe retirar entrada, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional para todas as persoas socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir o seu ID de socio e 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada. Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única persoa pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición, localización e aforamento na instalación. O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aquelas persoas socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100% telemático.

Está tamén habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para cada partido para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Pola súa banda, o Deportivo ABANCA B, á espreita do liderado, mídese ao Lóstrego CF.

O vestiario branquiazul celebra a participación de Lucía Rivas nuns adestramentos coa selección española sub-16 que tiveron lugar do pasado luns 27 ao mércores 29.

Con ficha cadete do Orzán SD, esta atacante de Caldas de Reis alterna partidos co Deportivo ABANCA B de Primeira Nacional co Orzán SD Xuvenil Feminino de Primeira Autonómica.

A pasada fin de semana, por exemplo, foi titular no triunfo do filial feminino en Mos.

Lucía Rivas colle o testemuño doutra deportivista, Elena Vázquez, que acaba de lograr coa selección española sub-17 o pase á Fase Final do Campionato de Europa do próximo mes de maio en Estonia.

Ademais de Lucía Rivas, as citadas para mañá no Dépor ABANCA B son: Nuria Gómez, María Calvo, Lucía Mariño, Celia, Lucía Couto, Uxía Cabada, Carmen Carballada, Laura Testa, Marta Rico, Tati, Laura Otero e Noela; ademais de Martina e Uxía López, xuvenís do Orzán SD; e Elena Vázquez e Sara Cercido, todas elas cadetes do Orzán SD.

Pérdense o partido por lesión Paula Novo, Andrea Ansede, Reigosa e Abril Pazos; xunto a Paula Monteagudo, titular co primeiro equipo ante o Granada CF.

Tamén en Abegondo o Xuvenil B, enrabietado pola súa derrota da pasada fin de semana en Lugo, mídese na Liga Nacional (12:00) a un ED Val Miñor Nigrán 4º na táboa.

Pechan a xornada en #ANOSACANTEIRA os partidos do Orzán SD Xuvenil Feminino na Torre (16:00) ante o Escola FB Amistade; e o do Orzán SD Cadete B Feminino en San Pedro de Visma 1 (18:00) fronte ao Silva SD.

Hoxe sábado, un só partido celebrouse en Abegondo: o Infantil dobregou ao Arosa SC (4-0). Os branquiazuis marchan na 2ª posición da División de Honra, iso si, algo distanciados do liderado.

Ademais do Alevín en Lugo no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 (1-4) nun partido entre os dous primeiros clasificados do subgrupo norte, fóra de casa o Xuvenil A gañou en Oviedo ao CD Covadonga (0-2), o Orzán SD Cadete Feminino en Gondomar ao Lóstrego CF (1-3) e o San Tirso SD Infantil nas Eiroas de Carballo ao Bergantiños CF (0-4); mentres que o Orzán SD Infantil Feminino non puido co Atlético Arousana en Vilagarcía (7-2).

Os alevíns Thiago Montes, Iker Obeso e Antón Vilariño participaron o pasado mércores coa selección galega sub-12 nun partido en Meis ante o Arosa SC infantil.

Esta fin de semana non xogan o Cadete e o San Tirso SD Cadete, cuxos partidos ante o Coruxo FC e Viveiro CF disputaranse o próximo 1 de maio debido á participación da selección galega sub-16 na Fase Final Ouro do Campionato de España.

En semifinais, Galicia caeu ante Cataluña (1-0), cos deportivistas Anxo Regueiro, Pablo García, Samu Fernández, Lucas Castro no once inicial; e con participación tamén de Nico Ruiz e Rubén Fernández saíndo desde o banco. Tamén foi titular Iker Fernández, do San Tirso SD Cadete.

Fabril FC Benxamín e Benxamín A abriron o pasado martes 28 de marzo o calendario en #ANOSACANTEIRA con motivo da última xornada no subgrupo 1º de Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8.

O partido adiantouse ao fin de semana debido a que o Fabril FC Benxamín, xunto ao Fabril FC Alevín, participan no Torneo de Fútbol Base Estrella de Móstoles. Ambos os equipos (na foto) clasificáronse hoxe sábado para a Fase de Ouro, entre os mellores.

O Benxamín A venceu (2-11) e pechou o subgrupo con pleno de triunfos: 48 puntos de 48 posibles; mentres que o Fabril FC Benxamín é 5º na táboa con 23 puntos, á espera do que faga o Victoria CF, 6º con 21 puntos, no seu partido ante o CD Calasanz.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
27ª xornada: FABRIL - UD OURENSE, o domingo 2 de abril ás 12:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Nacional, 25ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - LÓSTREGO CF, o domingo 2 de abril ás 12:00 en Abegondo

Primeira Autonómica, 25ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO - ESCOLA FB AMISTADE, o domingo 2 de abril ás 16:00 na Torre (campo 1)

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 21ª xornada: SILVA SD - ORZÁN SD CADETE B FEMININO, o domingo 2 de abril ás 18:00 en San Pedro de Visma 1

Fase polo Título Galego cadete, 2ª xornada: LÓSTREGO CF 1 - ORZÁN SD CADETE FEMININO 3 (Laura Santos, Macarena González e Sofía Rodríguez)

Fase polo Título Galego infantil, 4ª xornada: ATLÉTICO AROUSANA 7 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 2 (Marta Moreno -2-)

Categoría xuvenil
División de Honra, 25ª xornada: CD COVADONGA 0 - XUVENIL A 2 (Ogando e Vilela)

Liga Nacional, 27ª xornada: XUVENIL B - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o domingo 2 de abril ás 12:00 en Abegondo

Categoría infantil
División de Honra, 25ª xornada: INFANTIL 4 (Nico -2-, Casuso e Iker Rozada) - AROSA SC 0

División de Honra, 25ª xornada: BERGANTIÑOS CF 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Sergio Cortizo -2-, Pablo Vara e Martín Forján)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte, 6ª xornada: CD LUGO 1 - ALEVÍN 4 (Yael López -2-, Iker Obeso e Thiago Montes)

Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8, subgrupo 1º, 18ª xornada (última): ALEVÍN A - CF DEPORTIVO ORZÁN, o domingo 2 de abril ás 10:30 na Torre (campo 4)

XIX Torneo Estrella de Móstoles, no campo de El Soto
Sábado 1 de abril
Primeira Fase
FABRIL FC ALEVÍN 1 (David Gómez) - AD ILLESCAS 0
RAYO ARRIACENSE 0 - FABRIL FC ALEVÍN 5 (Álvaro Gómez-3-, Nacho Villanueva e Hugo Pousa)
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Álvaro Gómez e Nacho Villanueva) - REAL MADRID CF 2
Domingo 2 de abril
Fase Ouro
10:10: FABRIL FC ALEVÍN - CD MÓSTOLES URJC

Categoría benxamín
Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8, subgrupo 1º, 18ª xornada (última, xogado o pasado martes): FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Breogán Díaz e Leo Lorenzo) - DEPORTIVO 11 (Miguel Candal -3-, Mateo Carballeira -2-, Thiago López -2-, Hugo Quintela, Xiao Fontao, Alejandro Astray e Hugo Bujía)

XIX Torneo Estrella de Móstoles, no campo de El Soto
Sábado 1 de abril
Primeira Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 9 (Mateo Songo'o -3-, Mateo Cardelle -3-, Alberto Novo e Leo Lorenzo) - RAYO ARRIACENSE 1
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Alberto Novo e Mateo Songo'o) - UD SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES 0
CD MÓSTOLES URJC 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
Domingo 2 de abril
Fase de Ouro
10:10: FABRIL FC BENXAMÍN - REAL MADRID