RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

Hoxe disputouse o partido estrela da longa fin de semana para #anosacanteira coa visita do AD Unión Adarve ao Fabril.

O filial branquiazul aspiraba a ascender postos na clasificación á conta dun rival directo. A realidade foi outra. Os madrileños superaron aos coruñeses nas dúas áreas (2-3) e levaron os 3 puntos de Abegondo.

A xornada arrincou onte venres 12 de outubro, día festivo, con 2 partidos con representación deportivista.

En Abegondo, o Infantil A impúxose (4-1) ao Xuventude de Oroso. Os branquiazuis manteñen un bonito pulso polo liderado do grupo norte da liga Galega co Bertamiráns.

E na Torre, o Alevín A iniciou a liga na Primeira Comarcal A Coruña con triunfo (0-2) ante o Sporting Coruñés A.

Esta fin de semana tamén xogan en Abegondo hoxe sábado o Cadete B (5-1) e Infantil B (5-0); e mañá domingo o Deportivo ABANCA B (18:00) e Xuvenil A (17:00).

Para o encontro do Xuvenil A, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. O público paga 3 euros. É gratuíto o partido do Deportivo ABANCA B.

Lonxe de Abegondo compiten hoxe sábado o Xuvenil B (en Vilagarcía ás 16:00); e mañá domingo o Cadete A (ás 12:00 San Pedro de Visma 2, A Coruña).

O partido do Benxamín A, tamén previsto para onte venres, foi aprazado á próxima fin de semana. A razón foi o cambio de calendario motivado pola retirada do Santa María del Mar.  

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
8ª xornada: FABRIL 2 (Juanje e Montiel) - AD UNIÓN ADARVE 3

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 6ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - UD MOS, o domingo 14 de outubro ás 18:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 7ª xornada: XUVENIL A - SPORTING DE GIJÓN, o domingo 14 de outubro ás 17:00 en Abegondo (campo 1)

Liga Nacional, 6ª xornada: AROSA SC 1 - XUVENIL B 1 (Luque)

Categoría cadete
División de Honra, 6ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - CADETE A, o domingo 14 de outubro ás 12:00 en San Pedro de Visma 2 (A Coruña)

Liga Galega, grupo norte, 6ª xornada: CADETE B 5 (Dani, Suárez -2-, Matos  e Mella) - ESCOLA ESTRADA FÚTBOL BASE 1

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 6ª xornada: INFANTIL A 4 (Carreira -2-, Sierra e Gabri) - ED XUVENTUDE DE OROSO 1

Primeira Autonómica, grupo 1º, 7ª xornada: INFANTIL B 5 (Miguel, Martín,  Mardones, David e Marco Baña) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF B 0

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 1ª xornada: SPORTING CORUÑÉS SD A 0 - ALEVÍN A 2 (Álex e Erick)

Amigable, disputado o pasado martes: ALEVÍN B 2 (Leandro e Mosquera) - OZA JUVENIL A 1

Categoría benxamín
Amigable, disputado o pasado martes: BENXAMÍN A 8 (Uxío -2-, Gael, Íker, Paulo, Yago, Mauro e Ioan) - OZA JUVENIL B (alevín) 0