RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo, co Fabril en O Morrazo e o Dépor ABANCA B en Abegondo

Un só partido xógase en Abegondo nesta xornada de #ANOSACANTEIRA: o Deportivo ABANCA B mídese ao Victoria CF mañá domingo 22 ás 11:30, nun derbi coruñés no máis alto da Primeira Nacional.

As branquiazuis, cunha impecable traxectoria, lideran a táboa con 7 puntos de vantaxe sobre o Sporting de Gijón e 11 sobre o Victoria CF, terceiro na clasificación. Kevin Cabado ten para este partido as baixas de Noela, lesionada; e Paula Monteagudo, que hoxe xogou os 90 minutos co primeiro equipo ante o CP Cacereño. Así pois, as futbolistas citadas son: Nuria Gómez, Reigosa, Paula Novo, María Calvo, Uxía Cabada, Lucía Mariño, Elena López 'Cusi', Lucía Couto, Carmen Carballada, Laura Testa, Marta Rico, Tati e Laura Otero; ademais de Elena Vázquez, Abril Pazos, Sara Cercido, Laura Santos e Lucía Rivas, todas cadetes do Orzán SD.

Ademais, a Fabril visita ás 16:30 ao Alondras CF. Os de Óscar Gilsanz lideran a Terceira RFEF con 5 puntos de vantaxe sobre o Arosa SC, o único equipo que segue o ritmo dos fabrilistas. Nunha semana con representación fabrilista nos adestramentos do primeiro equipo (Diego Gómez, Brais Val, Martín Ochoa, Puerto e Hugo Ríos) e hoxe con Hugo Ríos, Brais Val e Puerto sentados no banco de ABANCA-RIAZOR con motivo do choque ante o CF Rayo Majadahonda, os citados para este encontro no campo de O Morrazo son os seguintes: Brais Suárez, Hugo Ríos, Currás, Iano Simao, Fito, Dani Barcia, Puerto, Brais Val, Rubén, Jairo, Barba, Marc, Nájera, Iván, Diego Gómez, Martín Ochoa, Iñaki e Jesús.

Tamén mañá no campo de Santa Isabel en Santiago, o Xuvenil B mídese ao CD Conxo Santiago (12:30).

O choque ás 18:00 do Orzán SD Cadete B Feminino no campo 2 de San Pedro de Visma ante o Orillamar SD, correspondente ao subgrupo 1º da Segunda Autonómica, porá o punto e final á xornada en #ANOSACANTEIRA.

Hoxe sábado, co Alevín A e o duelo entre os dous equipos benxamíns na Torre; impuxéronse o Xuvenil A en Santander ao sempre difícil Atlético Perines (0-1), o Cadete en Nigrán ao ED Val Miñor (1-4), o Orzán SD Cadete Feminino en Friol ao PM Friol (0-8) e o Fabril FC Alevín en Carballo ao ED Luis Calvo Sanz (2-3). Caeron o Orzán SD Xuvenil Feminino en Vilagarcía co Atlético Arousana (3-0) e o San Tirso SD Cadete nas Eiroas fronte ao Bergantiños CF (3-1).

No equipo de Manuel Pablo, Kevin Sánchez e Manu Berrocal tiveron minutos o pasado mércores un amigable coa selección española sub-18 en Italia, no que ademais saíron vitoriosos: 1-3. Esta cita supuxo o debut do sadense Manu Berrocal nas categorías inferiores de España.

O carrusel de partidos completouse co derbi da División de Honra infantil en O Monte entre o San Tirso SD Infantil e o Dépor, que foi branquiazul (1-6).

Dous amigables o pasado mércores abriron o calendario de partidos:

O Xuvenil B enfrontouse á Selección Galega sub-16 no campo 6 de Abegondo. A cita acabou en igualada (1-1), con tanto deportivista obra de Samuel Vázquez.

No combinado galego formaron os cadetes deportivistas Anxo Regueiro, Lucas Castro, Nico Ruiz, Pablo García, Rubén Fernández e Samuel Fernández; e Iker Fernández, do San Tirso SD Cadete.

Pola súa banda, o San Tirso SD Cadete impúxose (3-0) á Selección Galega sub-14 en O Monte con goles de Janusz, Miguel de Labra e Frank.

Co combinado galaico formaron os infantís do Dépor Adrián Bernárdez, Antón Sánchez, Borja Díaz, Diego Mosquera e Samba Wade; e Nikolay G. Dyulgerov, Iago Varela e Sergio Cortizo, do San Tirso SD Infantil.

Esta fin de semana tócalle descanso ao Orzán SD Infantil Feminino no subgrupo A de a liga Galega.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
17ª xornada: ALONDRAS CF - FABRIL, o domingo 22 de xaneiro ás 16:30 no campo de O Morrazo (Cangas)

Categoría feminina
Primeira Nacional, 16ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VICTORIA CF, o domingo 22 de xaneiro ás 11:30 en Abegondo

Primeira Autonómica, 17ª xornada: ATLÉTICO AROUSANA 3 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 0

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 13ª xornada: ORILLAMAR SD - ORZÁN SD CADETE B FEMININO, o domingo 22 de xaneiro ás 18:00 en San Pedro de Visma (campo 2)

Liga Galega cadete, subgrupo A, 13ª xornada: PM FRIOL 0 - ORZÁN SD CADETE FEMININO 8 (Sofía Rodríguez -3-, Martina Vázquez -2-, Mica Baratelli, Candela González e Emma Gandoy)

Categoría xuvenil
División de Honra, 17ª xornada: ATLÉTICO PERINES 0 - XUVENIL A 1 (Hugo)

Amigable: XUVENIL B 1 (Samuel Vázquez) - SELECCIÓN GALEGA SUB-16 1
Liga Nacional, 17ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - XUVENIL B, o domingo 22 de xaneiro ás 12:30 en Santa Isabel (Santiago de Compostela)

Categoría cadete
División de Honra, 19ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1 - CADETE 4 (Nico Ruiz, Lucas -2- e un futbolista rival en propia meta)

Amigable: SAN TIRSO SD CADETE 3 (Janusz, Miguel de Labra e Frank) - SELECCIÓN GALEGA SUB-14 0
División de Honra, 19ª xornada: BERGANTIÑOS CF 3 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Miguel de Labra)

Categoría infantil
División de Honra, 16ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Roi) - DEPORTIVO 6 (Antón -2-, Íker Rozada, Gael, Nico e Casuso)

Categoría alevín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 9ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN 0 - ALEVÍN A 12 (Mario González -4-, Íker Obeso -3-, Javi Barral -2-, Thiago Montes -2- e Yael López)

Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 2º, 9ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ 2 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Álvaro Gómez, Hugo Macedo e Iván Gil)

Categoría benxamín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 9ª xornada: DEPORTIVO 8 (Alejandro Astray -3-, Mateo Carballeira -2-, Hugo Bujía, Thiago López e Miguel Candal) - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Alberto Novo)