Tres partidos de #ANOSACANTEIRA xóganse mañá domingo.
O Fabril inicia a Terceira RFEF en Paiosaco ás 17:00. Óscar Gilsanz citou aos seguintes xogadores: Brais Suárez, Hugo Ríos, Currás, Marcel, Iano Simao, Fito, Álex Pereira, Dani Barcia, Puerto, Brais Val, Jairo, Barba, Marc, Nájera, Iván, Diego, Tim, Mella, Iñaki, Davo e Jesús Ares.
Pola súa banda, o filial feminino, o Dépor ABANCA B, arrinca a Primeira Nacional no campo coruñés da Grela ante o Victoria CF ás 16:00 horas. Kevin Cabado citou a todo o seu cadro e a estas xogadoras do Orzán SD Cadete Feminino: Abril, Lucía Rivas e Ana Capelo.
Ademais, o Orzán SD Xuvenil Feminino estrea no campo Santa Isabel de Santiago ante o Victoria FC B a Primeira División Autonómica.
Hoxe sábado empezaron tamén a competir en liga en Abegondo o Xuvenil B ante o CVC Valladares (0-0) e en O Monte o San Tirso SD Cadete fronte ao Rápido de Bouzas (2-3).
Así mesmo, continúa a pretemporada o Infantil, que acabou brillante campión no Torneo Apertura en Monteporreiro (Pontevedra).
E os dous equipos alevíns e os dous benxamíns, que iniciaron os adestramentos esta semana, participaron no torneo Cidade de Narón organizado pola SDCyR Narón O Freixo; co Alevín A e Benxamín A terceiros nas súas categorías.
Onte venres, o Cadete arrincou en Abegondo con triunfo (4-0) ante o CD Lugo a liga na División de Honra. Nico -2- e Lucas -2- foron os goleadores branquiazuis nesta primeira cita ligueira.
A participación do San Tirso SD Infantil na Miranda Cup de Portugal desde o pasado xoves serviu de inicio para a semana de partidos en #ANOSACANTEIRA. Clasificado para a Fase Ouro do torneo, hoxe foi apeado na quenda de penaltis das semifinais polo SL Benfica. Mañá domingo, o San Tirso SD Infantil pelexará pola medalla de bronce.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Terceira RFEF
1ª xornada: UD PAIOSACO - FABRIL, o domingo 11 de setembro ás 17:00 na Porta Santa (Paiosaco)
Categoría feminina
Primeira Nacional, 1ª xornada: VICTORIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 11 de setembro ás 16:00 na Grela
Primeira División Galega, 1ª xornada: VICTORIA FC B - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o domingo 11 de setembro ás 17:00 en Santa Isabel (Santiago de Compostela)
Categoría xuvenil
División de Honra, 2ª xornada: XUVENIL A - ATLÉTICO PERINES, o domingo 11 de setembro ás 12:00 en Abegondo
Liga Nacional, 1ª xornada: XUVENIL B 0 - CVC VALLADARES 0
Categoría cadete
División de Honra, 1ª xornada: CADETE 4 (Nico -2- e Lucas -2-) - CD LUGO 0
División de Honra, 1ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 2 (Hugo e Leandro) - RÁPIDO DE BOUZAS 3
Categoría infantil
XI Torneo Apertura Infantil en Monteporreiro (Pontevedra)
Sábado 10 de setembro
INFANTIL 2 (Roi e Alberto) - EF PORTERO '2000' 0
RC CELTA 1 - INFANTIL 4 (Roi, Casuso -2- e Nico)
INFANTIL 2 (Roi e Nico) - SC BRAGA 2
O Infantil proclamouse campión.
Miranda Cup en Miranda do Curvo (Portugal)
Primeira Fase
Xoves 8 de setembro
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - PORTO FC 5
Venres 9 de setembro
SAN TIRSO SD INFANTIL 5 (Martín Forján -2-, Guille e Álex -2-) - AF ALCOITAO 0
SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Sergio -3-) - VITORIA SC 2
Sábado 10 de setembro
Fase Ouro
Cuartos de final
SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Nikolay) - VITÒRIA FC 1. A penaltis: 2-0
Semifinais
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - SL BENFICA 0. A penaltis: 2-3
Domingo 11 de setembro
Terceiro e cuarto posto
11:30: SAN TIRSO SD INFANTIL - US GRIGNY
Categoría alevín
VII Torneo Cidade de Narón no campo de Río Seco
Sábado 10 de setembro
Primeira Fase
ALEVÍN A 9 (Leo Sánchez -3-, Thiago Montes -2-, Hugo Caridad, Javi Barral, Daniel Alonso e Mario González) - SD BURELA 0
ALEVÍN A 3 (Manu Alcázar, Íker Obeso e Yael López) - CD FULBITO 0
ALEVÍN A 7 (Thiago Montes -3-, Leo Sánchez -2-, Nico Torres e Manu Alcázar) - ED XUVENTUDE DE OROSO 1
ALEVÍN A 5 (Mateo Varela, Leo Sánchez, Sergio Infante e Nico Torres -2-) - PONTEVEDRA CF 0
ALEVÍN A 5 (Nico Torres -3-, Sergio Infante e Thiago Montes) - ED SECUNDINO BASALO 0
Cuartos de final
ALEVÍN A 2 (Íker Obeso e Javi Barral) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1
Semifinais
ALEVÍN A 0 - SC BRAGA 1
Terceiro e cuarto posto
ALEVÍN A 2 (Íker Obeso -2-) - RC CELTA 1
O Alevín A finaliza na terceira praza.
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Hugo Macedo) - CD QUIRINAL 0
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Hugo Macedo e Martín López) - CD CONXO SANTIAGO 1
CD LUGO 0 - FABRIL FC ALEVÍN 2 (Hugo Macedo -2-)
RC CELTA 1 - FABRIL FC ALEVÍN 0
FABRIL FC ALEVÍN 5 (Martín López, Álvaro Gómez, Nacho Villanueva, Hugo Macedo e Brais Martínez) - UC CEE 1
Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 1 (David Gómez) - SC BRAGA 5
Postos do 7º ao 8º
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Nacho Villanueva e Hugo Macedo) - CULTURAL LEONESA 1
O Fabril FC Alevín finaliza a competición en sétima posición.
Categoría benxamín
VII Torneo Cidade de Narón no campo de Río Seco
Sábado 10 de setembro
Primeira Fase
BENXAMÍN A 1 (Javi Meiriño) - CD CONXO SANTIAGO 0
BENXAMÍN A 1 Alejandro Astray - ESTRADA FB 0
BENXAMÍN A 6 (Miguel Candal -3-, Alejandro Astray, Xiao Fontao e Javi Meiriño) - CD QUIRINAL 0
Cuartos de final
BENXAMÍN A 5 (Miguel Candal -2-, Alejandro Astray, Hugo Quintela e Javi Meiriño) - VICTORIA CF 0
Semifinais
BENXAMÍN A 0 - RC CELTA 0. A penaltis: 2-3
Terceiro e cuarto posto
BENXAMÍN A 4 (Miguel Candal -3- e Mateo Carballeira) - CD LUGO 1
O Benxamín A colgouse así a medalla de bronce.
Primeira Fase
PONTEVEDRA CF 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Mateo Songo'o -3-, Leo Lorenzo -2- e Alberto Novo)
VICTORIA CF 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Diego Castelo)
CD LUGO 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Leo Lorenzo)
Posto do 5º ao 8º
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Mateo Songo'o -3-) - CD CONXO SANTIAGO 2
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Alberto Novo e Leo Lorenzo) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2. A penaltis: 8-7
O equipo fabrilista acaba quinto o torneo.


