RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados esta fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, este domingo con derrotas do Dépor ABANCA B e Orzán SD Xuvenil

Esta fin de semana retomaron a competición o Deportivo ABANCA B e o Orzán SD Sub-21 en Segunda e Tercera Federación respectivamente.

As Nosas recibiron á SD Eibar B nun duelo de filiais posterior ao enfrontamento dos primeiros equipos de ambos os clubs este sábado 1 de novembro pola tarde en Ipurúa.

O Dépor ABANCA B non puido co conxunto vasco, que levou os 3 puntos grazas a un 0-4 no marcador.

Estivo xa Antía Veiga, unha vez eliminada España nos oitavos de final do Campionato do Mundo sub-17 de Marrocos; do mesmo xeito que as tamén internacionais Redru e Michi Apóstol.

Leste mesmo domingo, pero na Torre, o Orzán SD Xuvenil perdeu por 1-2 co Victoria FC B na 7ª xornada da Primera Autonómica.

As orzanistas, con 6 puntos, ocupan a 10ª posición.

O sábado 1 de novembro xogouse o resto da xornada.

En Tercera Federación, o Orzán SD Sub-21 venceu por 0-1 a un Bergantiños CF instalado na zona nobre da táboa.

Decidiu o choque un gol de Daniela Macedo no minuto 16.

Con estes 3 puntos, as orzanistas suman 11 puntos na 3ª posición.

Completaron a xornada o Orzán SD Cadete en Os Regos ante o Santa Cruz CF (0-2), o Orzán SD Infantil A en Eirís ante o CF Batallador SD (10-0) e o Orzán SD Infantil B ante o Bergantiños CF tamén en Eirís (0-0).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
8ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 0 - SD EIBAR B 4

Tercera Federación
6ª xornada: BERGANTIÑOS CF 0 - ORZÁN SD SUB-21 1 (Daniela Macedo)

Primera Autonómica
7ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 1 (Carmen Couto) - VICTORIA FC B 2

Liga Galega cadete
5ª xornada: SANTA CRUZ CF 0 - ORZÁN SD CADETE 2 (Daniela Barbanzán e Alba García)

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 5ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 10 (Inés Neira -3-, Elena Rodríguez, María López-Perales -3-, Uxía Pérez, Zoe Mahía e unha futbolista rival en propia meta) - CF BATALLADOR SD 0

Grupo 2º, 5ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 0 - BERGANTIÑOS CF 0