RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados este sábado 11 en ANOSACANTEIRA, con título de campéon de División de Honra para o Infantil; e calendario deste domingo 12, co Fabril ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR

ANOSACANTEIRA retoma a competición após o parón da Semana Santa.

Para a xornada do domingo 12 de abril queda o prato forte.

O Fabril recibe á UD Ourense en ABANCA-RIAZOR ás 12:00 (YouTube RC Deportivo).

O filial deportivista, coa súa goleada en Burgos (1-4), chega ao encontro con 63 puntos por 54 puntos do segundo clasificado, o Oviedo Vetusta; é dicir, 9 puntos de vantaxe a favor dos fabrilistas con 12 en xogo.

A mala noticia da semana é a lesión de Hugo Ríos. O capitán foi intervido cirurxicamente esta semana no Hospital Quirónsalud por parte do traumatólogo Óscar Gayoso da súa lesión no ligamento lateral externo do seu xeonllo dereito.

O capitán únese así ás baixas de Damián Canedo, Manu Ferreiro, Garrido, Pablo Cortés e Aarón, este con molestias nun xeonllo; ademais de Bil, co primeiro equipo en Huesca.

Iso si, regresan de sanción Nájera e Enrique.

Manuel Pablo vaticina "un partido bonito encima con ANOSAFORZA, que sempre ten ganas de ver aos rapaces".

Completa a xornada do domingo 12 de abril a visita do San Tirso SD Infantil ao Racing de Ferrol ás 10:00 no campo de Aneiros, a do Alevín ao CD As Pontes en fútbol 11 ás 12:10 en O Poboado e a do Benxamín A ante o CD Calasanz ás 9:30 en San Pedro de Visma (campo 1).

E no Dépor Training Center o Cadete, que avantaxa en 1 punto ao RC Celta á fronte da División de Honra, xoga ante o CD Areosa (11:30).

A fin de semana arrincou o sábado 8 cunha apaixonante xornada.

O máis destacado foi o título da Division de Honra para o Infantil (foto principal da noticia).

Os branquiazuis superaron por 3-0 ao 2º clasificado, o ED Val Miñor Nigrán, e proclamáronse matematicamente campións de liga a falta de 4 xornadas.

No campo Arsenio Iglesias o Xuvenil A, 2º na táboa, impúxose por 4-1 ao Real Racing Club (4º).

E no Monte, o San Tirso SD Cadete venceu por 4-1 ao Racing de Ferrol e consolida a súa 3ª posición na División de Honra.

Fóra de casa o Xuvenil B gañou pola mínima en Santa Isabel ao CD Conxo Santiago (0-1) grazas a un gol de Roi.

Ademais, na Torre en fútbol 8 o Alevín A venceu ao Atlético Coruña Montañeros CF (0-8) e o Fabril FC Alevín ao Ural Español CF (4-3); mentres que o Fabril FC Benxamín non puido co Ural Español CF (2-4).

Finalmente, o Benxamín A (na foto inferior) participou este sábado 11 de abril na primeira edición da Nudesa Cup no campo de fútbol Outeiriño - Joselu Mato en Silleda.

Os deportivistas caeron en semifinais ante o RC Celta (0-2) e acabaron na 3ª posición.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
31ª xornada: FABRIL - UD OURENSE, o domingo 12 de abril ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR

Categoría xuvenil
División de Honra, 27ª xornada: XUVENIL A 4 (Íker Gil, Lucas Castro, Álvaro e Daniel) - REAL RACING CLUB 1

Liga Nacional, 29ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 0 - XUVENIL B 1 (Roi Cabada)

Categoría cadete
División de Honra, 26ª xornada: CADETE - CD AREOSA, o domingo 12 de abril ás 11:30 no Dépor Training Center
División de Honra, 26ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 4 (Tiago e Asier -3-) - RACING DE FERROL 1

Categoría infantil
División de Honra, 26ª xornada: INFANTIL 3 (Santi Durán -2- e Manu Sande) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0
División de Honra, 26ª xornada: RACING DE FERROL - SAN TIRSO SD INFANTIL, o domingo 12 de abril ás 10:00 no campo de Aneiros (Ferrol)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 8ª xornada: CD AS PONTES - ALEVÍN, o domingo 12 de abril ás 12:10 en O Poboado

Primera Futgal A Coruña, 27ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0 - ALEVÍN A 8 (Leo Lorenzo -3-, Mateo Songo'o, Adrián Míguez, Adrián Prieto, Adrián Liñares e Enzo Fernández)
Primera Futgal A Coruña, 27ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 4 (Mateo Pastorín, Joel Losada, Martín Martelo e Martín Coronel) - URAL ESPAÑOL CF 3

Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 27ª xornada: CD CALASANZ - BENXAMÍN A, o domingo 12 de abril ás 9:30 en San Pedro de Visma (campo 1)
Primera Futgal A Coruña, 27ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Anxo Fernández e Izan Mallón) - URAL ESPAÑOL CF 4

I Nudesa Cup no campo de fútbol Outeiriño - Joselu Mato (Silleda)
Sábado 11 de abril
Primera Fase
BENXAMÍN A 4 (Tomás Sánchez -2-, Hugo Cancela e Enzo Rodríguez) - PONTEVEDRA CF 0
BENXAMÍN A 3 (Hugo Cancela, Tomás Sánchez e Pablo Campanero) - FAMALICAO FC 0
BENXAMÍN A 1 (Tomás Sánchez) - UD SANTA MARIÑA
BENXAMÍN A 2 (Tomás Sánchez -2-) - SC BRAGA 0
BENXAMÍN A 3 (Pablo Campanero -2- e Hugo Cancela) - EF SILLEDA 0

Cuartos de final
BENXAMÍN A 3 (Tomás Sánchez, Nico Mariño e Hugo Cancela) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0

Semifinais
BENXAMÍN 0 - RC CELTA 2

Terceiro e cuarto puesto
BENXAMÍN A 3 (Tomás Sánchez, Ian Lata e Hugo Cancela) - VITÓRIA SPORT CLUBE 1