RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados este sábado en ANOSACANTEIRA e calendario deste domingo, co Fabril no Arsenio Iglesias ante un dos aspirantes

O Fabril e a Gimnástica Segoviana, o domingo 23 de novembro ás 18:00 (Youtube RC Deportivo), protagonizan no campo Arsenio Iglesias o partido da fin de semana en ANOSACANTEIRA.

Os casteláns lideran a táboa con 24 puntos por 23 os fabrilistas, instalados na 2ª posición após a súa goleada por 0-5 o pasado sábado ante a UD Sámano.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Completa a xornada do domingo o choque da Liga Nacional entre o Xuvenil B ante o CD Conxo Santiago (11:00 horas no campo de herba sintética do Depor Training Center).

O empate da pasada fin de semana en Arteixo afastou aos deportivistas do liderado, que está agora a 7 puntos, cun partido máis para o RC Celta B.

Os demais equipos de ANOSACANTEIRA xogaron este sábado 22.

Así, o Xuvenil A (na foto principal da noticia) visitou á SD Compostela (0-0) en plena loita polo liderado da División de Honra co RC Celta e o Sporting de Gijón.

Os branquiazuis suman agora 21 puntos, os mesmos que vigueses e xixoneses, que teñen que xogar este domingo 23 o seu partido.

Tamén competiu fóra de casa o Cadete (0-4) ante o Ural Español CF; o Infantil ante o Atlético Coruña Montañeros CF (1-8); o San Tirso SD Infantil (2-4) fronte ao Pontevedra CF; o Alevín A (0-10) ante o Sporting Meicende; o Fabril FC Alevín (0-6) ante a SD Acea de Ama; o Benxamín A (0-14) fronte ao Silva SD; e o Fabril FC Benxamín (1-8) ante o Sada CF.

O único partido en campo propio, no Monte, foi o do San Tirso SD Cadete ante o RC Celta (1-2). Os 'verdes' competiron de ti a ti ante un dos candidatos ao título.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
12ª xornada: FABRIL - GIMNÁSTICA SEGOVIANA CF, o domingo 23 de novembro ás 18:00 no campo Arsenio Iglesias

Categoría xuvenil
División de Honra, 10ª xornada: SD COMPOSTELA 0 - XUVENIL A 0

Liga Nacional, 12ª xornada: XUVENIL B - CD CONXO SANTIAGO, o domingo 23 de novembro ás 11:00 no Dépor Training Center

Categoría cadete
División de Honra, 10ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - CADETE 4 (José Quiroga, Gabri, Raúl Lema e Nico Giovanni)
División de Honra, 10ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 1 (Hugo Ferreirós) - RC CELTA 2

Categoría infantil
División de Honra, 10ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - INFANTIL 8 (Álvaro Gómez -2-, David Gómez, Jaime e Santi Durán -4-)
División de Honra, 10ª xornada: PONTEVEDRA CF 2 - SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Martín, Yago, Uxío e Hugo Quintela)

Categoría alevín
Primera Futgal A Coruña, 9ª xornada: SPORTING MEICENDE 0 - ALEVÍN A 10 (Saúl Cancela -3-, Adrián Míguez -2-, Enzo Fernández -2-, Mateo Cardelle, Diego Castelo e Alberto Novo)
Primera Futgal A Coruña, 9ª xornada: SD ACEA DE AMA 0 - FABRIL FC ALEVÍN 6 (Martín Coronel -2-, Pablo Gómez, Leo Galbán, Nico Castro e Mateo Pastorín)

Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 9ª xornada: SILVA SD 0 - BENXAMÍN A 14 (Tomás Sánchez -5-, Pablo Campanero -4-, Hugo Cancela, Nico Mariño, Xosé Varela, Mateo Ramos e Fabio Álvarez)
Primera Futgal A Coruña, 9ª xornada: SADA CF 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Anxo Fernández -4-, Álex Martínez -2-, Jaime Fraga e Izan Mallón)