RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados este sábado en ANOSACANTEIRA feminina, con triunfo do Dépor ABANCA B; e dobre cita orzanista este domingo na Torre e Vigo

Dous partidos xóganse este domingo 28 de setembro en ANOSACANTEIRA feminina a falta de arrincar as competicións en categoría cadete e infantil.

O Orzán SD Sub-21 recibe ao EFM Concello de Boiro na Torre ás 12:15 mentres que o Orzán SD Xuvenil visita ao Sárdoma CF B ás 16:30 nas Relfas.

Este sábado 27 destacou o partido do Dépor ABANCA B ante o Real Avilés Industrial.

Venceron As Nosas por 0-1 con gol de Michi Apóstol (na foto de arquivo) no minuto 15.

Con este resultado, o filial suma 10 puntos na zona alta da clasificación en Segunda Federación.

Ambos os equipos tamén se viron as caras esta pasada pretemporada nun amigable disputado en Tapia de Casariego. Tamén gañou por 0-1 o Dépor ABANCA B.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
4ª xornada: REAL AVILÉS INDUSTRIAL 0 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Michi Apóstol)

Tercera Federación
2ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - EFM CONCELLO DE BOIRO, o domingo 28 de setembro ás 12:15 na Torre (campo 2)

Primera Autonómica
2ª xornada: SÁRDOMA CF B - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 28 de setembro ás 16:30 nas Relfas