RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe domingo, co Xuvenil A subcampión en Santiago e o Benxamín A 5º en Polonia

Dous únicos equipos competiron hoxe domingo en ANOSACANTEIRA.

O Xuvenil A (na foto superior) foi subcampión do Torneo Unindo Camiños após perder na final (0-2) ante o RC Celta. En semifinais, os branquiazuis apearon (1-0) ao Atlético Coruña Montañeros CF.

E o Benxamín A (na foto inferior), que esta próxima temporada será o Fabril FC Alevín, acabou nunha meritoria 5ª posición na Deyna Junior Cup 2024, torneo con sede na cidade polaca de Starogard Gdański.

Onte sábado a actividade foi frenética, con 5 equipos en xogo.

Así, o Fabril perdeu (3-0) coa SD Compostela no Estadio Vero Boquete San Lázaro na VIII edición do Memorial Antonio Bermúdez.

Foi o segundo amigable do filial após a vitoria o pasado xoves na Lomba ante o Arosa SC (0-1) cun gol de Darío Germil.

Tamén onte sábado o Xuvenil B gañou a I edición do Triangular da SR Calo; e, ademais, o Cadete venceu en Abegondo ao Imperátor OAR xuvenil (4-2) e o San Tirso SD Cadete na Marola ao Marino de Mera (0-4).

Os dous equipos infantís foron os protagonistas o pasado venres 23 de agosto en ANOSACANTEIRA.

O Infantil A, que o pasado martes goleou (5-0) ao Atlético Coruña Montañeros CF, impúxose (2-1) en Abegondo á Orillamar SD de categoría cadete.

E o San Tirso SD Infantil, que venceu (4-0) tamén o martes ao CD Calasanz, caeu esta vez (1-2) co CD Lugo no Monte.

O mércores xogáronse tres encontros, saldados todos con triunfos deportivistas: o Xuvenil B de Liga Nacional visitou (2-3) ao Olímpico de Rutis de Primera Futgal, o Cadete recibiu (4-0) en Abegondo ao Ural Español CF B de categoría xuvenil e o San Tirso SD Cadete superou (3-0) no Monte ao Atlético Coruña Montañeros CF.

Os resultados da semana foron os seguintes:

Segunda Federación
Xoves 22: AROUSA SC 0 - FABRIL 1 (Darío Germil)
VIII Memorial Antonio Bermúdez: SD COMPOSTELA 3 - FABRIL 0

Categoría xuvenil
Torneo Unindo Camiños, en Santa Isabel (Santiago de Compostela)
Sábado 24 de agosto
Primeira Fase
XUVENIL A 2 (Leandro e Zoe) - AROSA SC 0
XUVENIL A 1 (Dani) - PONTEVEDRA CF 0
XUVENIL A 0 - SEVILLA FC 0
XUVENIL A 1 (Rubén) - SD COMPOSTELA 0

Domingo 25 de agosto
Semifinal
XUVENIL A 1 (Leandro) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0

Final
XUVENIL A 0 - RC CELTA 2

Mércores 21: OLÍMPICO DE RUTIS (Primera Futgal) 2 - XUVENIL B 3 (Miguel de Labra -3-)

I Triangular da SR Calo
Sábado 24 de agosto, no Municipal de Rebordelo (Calo)
SR CALO (Primera Futgal) 1 - XUVENIL B 3 (Diego -3-)
XUVENIL B 0 - RC CELTA B 0. A penaltis: 6-5

Categoría cadete
CADETE A 4 (Elías Trigo, Nico e Pablo Crespo -2-) - URAL ESPAÑOL CF B (xuvenil) 0
CADETE A 4 (Roi -3- e Elías Trigo) - IMPERÁTOR OAR (xuvenil) 2 

SAN TIRSO SD CADETE 3 (Daniel, Gio e Gandarela) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0
MARINO DE MERA (xuvenil) 0 - SAN TIRSO SD CADETE 4 (Jurgen -3- e Dani López)

Categoría infantil
Martes 20: INFANTIL A 5 (Álex Vidal, Íker Obeso -2-, Hugo Ferreiros e Hugo Caridad) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0
INFANTIL A 2 (Hugo Ferreiros -2-) - ORILLAMAR SD (cadete) 1

Martes 20: SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Pablo Crespo, Mario, Gael e Martín) - CD CALASANZ 0
SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Pablo Crespo) - CD LUGO 2

Categoría benxamín
Deyna Junior Cup 2024 en Starogard Gdański (Polonia)
Venres 23 de agosto
ARKA GDYNIA 1 - BENXAMÍN A 0
KS BENIAMINEK '03' 3 - BENXAMÍN A 4 (Mateo Songo'o -2-, Álex Casado e Alberto Novo)
FC JONAVA 1 - BENXAMÍN A 3 (Mateo Songo'o -2- e Leo Lorenzo)
LECH POZNAŃ 2 - BENXAMÍN A 2 (Mateo Songo'o e Leo Lorenzo)
BENXAMÍN A 1 (Mateo Songo'o) - JAGIELLONIA BIAŁYSTO 1

Sábado 24 de agosto
UKS ROZWÓJ IŁAWA 0 - BENXAMÍN A 4 (Alberto Novo, Leo Lorenzo -2- e Mateo Songo'o)
BENXAMÍN A 1 (Alberto Novo) - AP JEDYNKA REDA 0
BORUSSIA MÖNCHENGLADBACH 1 - BENXAMÍN A 1 (Mateo Songo'o)

Domingo 25 de agosto
BENXAMÍN A 0 - KRC GENK 4
KLAIPĖDA FA 1 - BENXAMÍN A 4 (Andrés Valencia -2-, Alberto Novo e Mateo Songo'o)
BENXAMÍN A 5 (Andrés Valencia -2-, Mateo Cardelle, Mateo Songo'o e Alberto Novo) - JAGUAR GDAŃSK 0