A xornada de mañá domingo en #ANOSACANTEIRA está focalizada no choque en Abegondo ás 12:00 entre o Xuvenil A e o Real Racing Club, terceiro clasificado, na penúltima xornada da División de Honra. Con seis puntos en xogo, catro puntos separan aos branquiazuis do líder, o RC Celta, que visita ao CD Lugo.
Os pupilos de Manuel Pablo necesitan sumar o seis puntos para tentar clasificarse tamén para a Copa de Campións como un dos mellores segundos do sete grupos.
A esa mesma hora e tamén na Cidade Deportiva, o Alevín mídese ao ED Luis Calvo Sanz no duelo dos dous primeiros clasificados do subgrupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.
Fóra de casa xogan o Orzán SD Xuvenil Feminino en Tordoia (11:30), o Orzán SD Infantil Feminino (12:00 en Meis) ante o Umia CF; e o Infantil en Santiago (11:30, campo Municipal do Sergas) fronte ao Victoria FC.
Hoxe sábado, o Cadete empatou co RC Celta (1-1) en Abegondo en #ONOSODERBI da última xornada da Fase polo Título da División de Honra.
Ambos os equipos quedaron igualados con 24 puntos na cabeza da clasificación aínda que por diante os célticos, xa que no choque da primeira volta disputado en Vigo venceron os locais por 3-1.
Agora, o Cadete medirase en semifinais ao terceiro clasificado, San Tirso SD, CD Conxo Santiago ou ED Val Miñor Nigrán, a partido único en Abegondo. A final será nunha sede que ditaminará a Federación Galega.
Tamén hoxe sábado, no campo Víctor Fernández Alonso da Coruña, o Orzán SD Cadete Feminino volveu derrotar (5-0) ao Victoria CF no partido de volta da final da liga Galega. Na ida o triunfo foi claro para as orzanistas: 5-1. Por conseguinte, as orzanistas proclámanse con toda xustiza campioas de Galicia nesta categoría.
Tamén hoxe, ademais do Fabril FC Alevín e Benxamín na Torre clasificados hoxe para a Fase Intermedia do Campionato Galego do próximo sábado en Narón, o Xuvenil B visitou (3-0) ao Arosa SC na súa pelexa co RC Celta B polo título da liga Nacional.
O calendario de partidos da fin de semana, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría feminina
Fase de Descenso de Primeira División, subgrupo 1º, 8ª xornada: SD TORDOIA - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o domingo 15 de maio ás 11:30 na Rega (Tordoia)
Final da liga Galega Cadete, volta: ORZÁN SD CADETE FEMININO 5 (Mica Baratelli, Laura Otero -2- e Lucía Rivas -2-) - VICTORIA CF 0. Na ida: 5-1
Fase polo Título Galego, 10ª xornada (última): UMIA CF - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO, o domingo 15 de maio ás 12:00 no campo de Zacande (Meis)
Categoría xuvenil
División de Honra, 33ª xornada: XUVENIL A - REAL RACING CLUB, o domingo 15 de maio ás 12:00 en Abegondo
Liga Nacional, 32ª xornada: AROUSA SC 3 - XUVENIL B 0
Categoría cadete
Fase polo Título da División de Honra, 8ª xornada: CADETE 1 (Pablo Parada) - RC CELTA 1
Categoría infantil
Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego, subgrupo norte, 7ª xornada: VICTORIA FC - INFANTIL, o domingo 15 de maio ás 11:30 no Municipal do Sergas (Santiago de Compostela)
Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte, 9ª xornada: ALEVÍN - ED LUÍS CALVO SANZ, o domingo 15 de maio ás 12:00 en Abegondo
Segunda Fase A Coruña, subgrupo 2º, 10ª xornada (última): FABRIL FC ALEVÍN 7 (Íker Obeso -2-, Mario González -2-, Thiago Montes, Antón Vilariño e Sergio Infante) - ATLÉTICO ARTEIXO 1
Categoría benxamín
Eliminatorias de acceso á Fase Intermedia, cuartos de final, volta: BENXAMÍN A 7 (Martín López -2-, Hugo Luaces, Jorge Fernández, David Gómez, Álvaro Gómez e Hugo Pousa) - ED LUÍS CALVO SANZ 0. Na ida: 5-0


